12 de abr. de 2018

A GUARDA

O BNG insta ao Alcalde da Guarda á pór en marcha “rutas escolares seguras” de acordo co plan de mobilidade  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “O BNG leva tempo apostando por medidas deste tipo que significan un cambio de modelo de xestión urbana”  


Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou un escrito instando ao alcalde da Guarda a poñer en marcha distintas iniciativas encamiñadas á posta en marcha de “rutas escolares seguras” tal como ven indicado no Plan de Mobilidade da Guarda, dixo a este xornal dixital, Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.    

 As “rutas escolares seguras” son - como referiu Ángel Luis Baz - unha iniciativa que vai acompañada dunha redución e calmado do tráfico en zonas circundantes dos centros escolares, con esta medida garántese o aceso á pé ou en bicicleta a escolares e acompañantes, evitando así a necesidade de ter que utilizar o vehículo privado.  

 O BNG leva tempo apostando por medidas deste tipo que significan un cambio de modelo de xestión urbana con grande éxito en lugares como a cidade de Pontevedra, así como Tomiño.  

 Cada vez é menos comprensíbel a actitude do Alcalde da Guarda de seguir agochando o Plan de Mobilidade. Este plan é imprescindíbel para poder optar ao financiamento deste tipo de proxectos que benefician aos máis desprotexidos: nenos, nenas, persoas maiores e con discapacidade”.    

 O plan de mobilidade da Guarda  

  Ángel Luis Baz Vicente engade que o plan de mobilidade é un documento realizado por expertos no que se acredita a necesidade de, entre outras, un novo aceso ao porto da Guarda, a reforma de Concepción Arenal e a necesidade urxente de creación de “rutas escolares seguras.  

 Dende o BNG ínstase ao alcalde da Guarda a que solicite á Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galiza o financiamento para a realización de rutas escolares seguras para as diferentes zonas escolares da Guarda, dependendo das competencias de cada administración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario