15 de abr. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

"MEMORIAL DE CAMPOSANCOS": NOVAMENTE O POBO ACOLLEU CON AGARIMO ESE DOCUMENTARIO

O final da proxección, José Ballesta de Diego dialogou cos asistentes en un coloquio moi enriquecedor
O respectable público seguiu con interese todo o desenvolvemento do acto

José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 O sábado día 14 de abril, na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, houbo un acto, organizado pola Xunta Reitora da devandita Comunidade de Montes, no que foi proxectado o documental cinematográfico "Memorial de Camposancos", sobre o campo de concentración que houbo na Pasaxe (Camposancos), na guerra civil.


 O profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela, José Manuel Malheiro Gutiérrez presentou a José Ballesta de Diego, un dos directores e guionistas do filme,  quen o final da proxección dialogou cos asistentes en un coloquio moi enriquecedor. 

 A asistencia foi superior os cen espectadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario