23 de abr. de 2018

GONDOMAR

Presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe de Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández

Venres, 27 de abril ás 20:30 h., na Aula de Cultura Ponte de Rosas


IEM / Gondomar

 O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir este venres 27 de abril ás 20:30 h, á presentación do libro Serra da Groba. A formación da paisaxe do que son autores Xurxo Pérez Pintos e Xosé María Bouzó Fernández.  

 Esta edición fíxose grazas ó esforzo persoal dos autores. financiada na súa maior parte por eles. Contou coa axuda de varias comunidades de montes: Santa Mariña do Rosal, de Viladesuso e Oia así como as asociacións A Jalleira e o IEM.  

 Este libro é o resultado dun traballo realizado hai 25 anos para un dos Paseos Pedagóxicos que os autores veñen levando a cabo dende aquela ata a actualidade, e no que se reflicte unha visión da actuación do home sobre a paisaxe, neste período de tempo que se deu en chamar antropoceno. 

 A Serra da Groba é un lugar onde se xuntan xeoloxía, arqueoloxía, botánica, etnografía para ofrecernos un mosaico artellado en capas que os ollos expertos dos autores amósannos dun xeito sinxelo e didáctico, facéndonos máis doada a lectura e interpretación da paisaxe da Serra da Groba.  

 O acto será presentado por Xilberte Manso, membro da xunta de Goberno do IEM.  

 A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira nº 10 baixo, Gondomar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario