13 de abr. de 2018

GRANDAS DE SALIME (ASTURIES)

MUSEO ETNOGRÁFICO DE GRANDAS DE SALIME: UNHA VISITA IMPRESCINDIBLE 


Interior dunhas das salas do Museo Etnográfico de  Grandas de  Salime 
Fotos: Santiago Baz Lomba

Ricardo Rodríguez Vicente

 Hai persoas que sinten a chamada da tradición, da paisaxe da montaña, das costumes ancestrais, da beleza natural, do reencontro con antigas profesions, que ainda están vivas grazas a persoas que teñen uns coñecementos que compre acertar a transmitir, xa que de non ser así, irremediablemente vánse perder,..., e cada vez que poden achéganse a eses lugares onde o tempo semella que se hubese detido no intre preciso, para poder apreixar á memoria humana e material, de un pasado que nos pode retrotraer a que poderíamos definir como a etapa "preplásticos". Sí, xa sei que falar de plásticos non nos gusta, pero depende de todos e cada un de nós, reducilos antes de que sexa tarde e ese material que empregamos a cotío, non nos "asoballe", como xa está acontecendo. E non hai máis que achegarse ás praias ou o litoral marítimo, para comprobar o que decimos. A maior parte do refugallo que o mar bota á costa é de plástico.


 Unhas desas persoas que se destacan - sen pretender ningún tipo de notoriedade - pola súa querencia cos lugares da Galicia interior e comarcas das Comunidades Autónomas veciñas, os que nos referimos no parágrafo precedente, son Santiago Baz Lomba e súa dona Rosa González Rivero. Eles son, con toda probabilidade, dos que máis coñecen a Galicia interior, a da montaña,..., e tamén os lugares próximos como O Bierzo, na Comunidade Autónoma de Castela-León, ou de Asturies, entre outros lugares que compre coñecer. Con certeza que nos van reportar máis satisfaccions que pasar unha semana o sol coma os lagartos, en algún lugar do planeta Terra, a 8 ou 9 horas de viaxe en avión.



 Fai uns días, os nosos viaxeiros Rosi e Santi, achegáronse ata a localidade asturiana de Grandas de  Salime, e alí, como non podía ser doutro xeito, revisitaron o Museo Etnográfico que leva o nome desa poboación.

 Nesta nova visita atoparon algúns cambios - como é normal nun museo vivo, que desenvolve innumerables actividades (exposicións temporais, Xornadas de Patrimonio Etnográfico e Cultural, conferencias, encontros e presentacions; eventos especiais; conmemoración do Día do Museos; visitas de escolares,...) -, máis en calquer caso, voltaron a disfrutar co continente e co amplo contido, dese Museo Etnográfico, e tamén coa grata conversa que mantiveron coas persoas que o atenden.



 Froito desa nova visita de Rosi e Santi, o Museo Etnográfico de  Grandas de  Salime é a reportaxe fotográfica que nos brindan.

 E como complemento á esas fermosas imaxes do noso colabourador, suxerímoslle os amables lectores deste xornal dixital, que lle boten unha ollada o seguinte texto:

MUSEO ETNOGRÁFICO DE GRANDAS DE SALIME 

 O Museo Etnográfico de  Grandas de  Salime é un museo público de carácter comarcal, cuxa misión é reunir, custodiar, conservar, incrementar, investigar, comunicar e difundir o patrimonio material e inmaterial de carácter etnográfico das comunidades do Occidente de Asturias.  

 O Museo foi fundado no ano 1984 sobre a base da colección etnográfica reunida por J. Mª Naveiras Escanlar, Pepe o Ferreiro, quen foi o seu impulsor e director ata o ano 2010. Inicialmente instalado nos baixos do Concello de Grandas de Salime, o Museo trasladouse á súa actual localización en 1989, ocupando a antiga Casa Reitoral da vila, que foi rehabilitada para a ocasión. Desde entón o Museo continuou crecendo e hoxe as súas instalacións ocupan unha superficie de máis de 3.000  m2. As áreas de exposición distribúense en tres edificios principais que  ejemplifican a arquitectura tradicional da zona: Casa Rectoral, Casa del Molinero e A Casoa. Os espazos abertos de tránsito atópanse balizados por arquitecturas menores e elementos mobles de finalidade específica, que tamén se integran na exposición e entre os que se atopan o muíño, o hórreo, a  panera, o cabazo ou a capela.   



 O núcleo central da colección compono o elenco inicial recompilado por D. José María Navieras Escanlar. Con posterioridade sufriu un incremento constante por adquisición pero, sobre todo, por doazón e depósito de particulares. O repertorio material céntrase no modo de vida rural campesiño tradicional e os oficios desenvolvidos en devandito medio, remitindo o seu ámbito xeográfico aos concellos do occidente asturiano, pero incorporando tamén mostras procedentes doutras zonas de Asturias, de diversas rexións peninsulares e de distintas áreas europeas.



 A xestión do centro corresponde ao Consorcio para a xestión do Museo Etnográfico de Grandas de  Salime, órgano no que se integran a Consellería de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Agroganadería e Recursos Autóctonos, o Concello de Grandas de Salime, a Universidade de Oviedo, a Caixa de Aforros de Asturias e a Asociación de Amigos do Museo Etnográfico de  Grandas de Salime.

 O Museo Etnográfico de  Grandas de Salime ben merece unha visita de todos e cada un de nós.

Fonte.

Como chegar

GALERÍA DE FOTOGRAFÍAS, DA AUTORÍA DO FOTÓGRAFO SANTIAGO BAZ LOMBA

Ningún comentario:

Publicar un comentario