8 de abr. de 2018

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 9 AO VENRES 13 DE ABRIL DE 2018 

NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA  


Martes, 10  
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “La renovación de las peregrinacións a Santiago de Compostela en el siglo XIX: entre tradición y modernidad”, de Antón M. Pazos, editado polo Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, obra que estuda o impacto da modernidade nas peregrinacións españolas no século XIX e, especialmente, na de Compostela.   

 No acto intervirán Ramón B. Rodríguez, da Editorial CSIC; José Andrés-Gallego, CSIC, Madrid; Milagrosa Romero Samper, Universidade CEU; e Antón M. Pazos, CSIC, Santiago de Compostela.    

Xoves, 12  
19:30 horas 

Conferencia “SEIS POEMAS GALEGOS DE FEDERICO GARCÍA LORCA”, por María de la Figuera, Doutora en Filosofía pola Universidade Complutense. O poemario, único que Lorca non publicou en castelán, tivo un gran éxito e foi o libro en galego do século XX máis reeditado, traducido e versionado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario