9 de abr. de 2018

O BAIXO MIÑO

A Asociación Érguete Baixo Miño rematou os programas de “Intervención Socioeducativa na Aula” e “Perséfone Saúde” no IES Antón Alonso Ríos


 Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 A Asociación Érguete Baixo Miño informa que hoxe luns, 9 de abril, damos por rematado os programas de Intervención Socioeducativa na Aula e Perséfone Saúde no IES Antón Alonso Ríos de Tomiño despois de mes e medio de traballo co alumnado e impartido polas Técnicas de Prevención en Condutas Aditivas da nosa entidade. 

 Logo de 28 sesións de intervención directa con rapaces e rapazas de entre 14 e 16 anos realizando talleres para traballar as habilidades sociais e a resolución de conflitos, así como ocuparsedas diferenzas de xénero, pódese considerar que os obxectivos establecidos previamente, foron superados con creces así como a boa acollida que sempre teñen este tipo de talleres e actividades. 

 Dentro dos obxectivos definidos inicialmente no programa Perséfone Saúde levado a cabo en 1º e 2º FPB, buscouse mellorar as relacións interpersoais e afectivas dos rapaces e rapazas asícomo facilitar o autocoñecemento persoal nunhas idades con gran influencia nas relacións sociais. Tamén se traballou para identificar os recursos propios e as capacidades para tomar decisións saudables durante o seu crecemento e proxecto vital e promover actitudes de prevención de “dependencias sentimentais ou afectivas”. 

 Pola outra banda, no curso de 2º da ESO, e dentro do programa de Intervención Socioeducativa na Aula, traballouse nos obxectivos de mellorar as relacións interpersoais e o autocoñecemento do alumnado aumentando a autoestima e a valoración positiva dun mesmo, aprendendo a manexar as emocións que poden chegar a condicionar os nosos sentimentos e comportamentos. Potenciar valores como a colaboración e o respecto e practicar a empatía e a asertividade, son accións moi positivas nestas idades. 

 Como punto de conexión entre os dous talleres realizados, destacamos a creación de espazos que fomentan a súa propia personalidade con opinión e criterio e a conexión coa motivación pola súa saúde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario