21 de maio de 2018

DEPORTES

ATLETISMO

MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ PROCLÁMASE CAMPIOA PROVINCIAL INFANTIL EN 1000 M.L. FEMININO EN PISTA AO AIRE LIBRE 

A deportista forma parte da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño


Marcela Rodríguez - na parte máis alta do podio - campioa provincial en 1.000 m.l.

Informa (fotografías e redacción): Patricia Pereira Guisantes

 Este domingo 20 de maio de 2018, tocoulle a quenda á categoría infantil individual e por substitucións, no Campionato Provincial Escolar (Xogade) en pista ao aire libre na provincia de Pontevedra. 

Antía Rodríguez Otero e Marcela  Morgado Rodríguez

 O campionato celebrouse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra, onde  o clube Sociedade Atlética do  Trega tan só levou a dous representantes infantís. Neste caso foron Marcela  Morgado Rodríguez e Antía Rodríguez Otero. 

 A mañá presentouse son un sol radiante e unha temperatura sobre 29 graos.

 A primeira actuación ás 11:20 h. foi a cargo de Antía Rodríguez Otero onde participou en 2.000 m.l. quedando 5ª cun crono de 8´49" 02. 

 Seguidamente tocoulle a quenda a  Marcela Morgado Rodríguez onde se proclamou campioa provincial en 1.000 m.l. cun tempo de 3´11" 81. Pero esta atleta non competiu só nesa proba xa que tamén participou en 150 m.l., quedando 8ª cun crono de 22" 81 na serie A. 

 Felicidades  Marcela! A seguir loitando. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario