11 de set. de 2012

A GUARDA

UN VELLO SENDEIRO NA ZOA DA MARIÑA GUARDESA, MARCADO COMO ITINERARIO XACOBEO POLA COSTA OU MONACAL, PRESENTA UNHA IMAXE PATÉTICA

Esa é a imaxe que se lles ofrece á própios e visitantes que se acheguen ata a zoa das cetáreas para pasar o tempo de lecer a beira do mar
O impacto medioambiental é visual está fora de toda dúbida
Reportaxe fotográfica: Infogauda / A Guarda

Infogauda / A Guarda

Desde que algúns persoeiros públicos, asesorados por un veciño de A Guarda - que previamente inspeccionara "in situ" o terreo -, pasaron por alí, acompañados do asesor  - coa súa correspondente cámara fotográfica para inmortalizar tan importante intre - provistos de bote de pintura marela e un pincel para "sinaliza-lo" como tramo do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal; probablemente os aludidos persoeiros públicos non voltaron polo lugar. Así o demostran ás imaxes que hoxe publicamos en Infogauda. Nelas podemos comprobar, como un vello sendeiro entre propiedades particulares adicadas á monte, nada limpo de refugallos vexetais secos - follas e ponlas de eucaliptos, sobor de todo -, con varios atrancos - pedras no medio do sendeiro - que dificultan o paso de posibles peregrinos a cabalo e mesmo en bicicleta; está sinalado como itinerario xacobeo - ás flechas de color marelo son ben visibles -, pero seu estado demostra un total e vergoñento abandono por parte dos persoeiros públicos que teñen á obriga de manter en perfecto estado de uso ese vello camiño, cuio vencello a ruta xacobea pola costa ou monacal non imos nós a discutir, ainda que teñamos motivos dabondo para cando menos, cuestionar ese vencello, por varias razóns que agora non veñen ó caso, por non ser ese o obxectivo desta información. Porque o que motiva a redacción da mesma é o impresentable estado en que se atopa ese tramo, nomeadamente na súa intersección coa carretera que desde á estrada PO-552 nos conduce ás vellas cetáreas que están entre Laxe de Cán e Fontes. 
O impacto visual que a própios e visitantes, ofrecen esas bolsas de color laranxa, que conteñen restos vexetais de unha posible corta de herba de céspede, así como restos de unha plancha de espuma de un colchón ou de un sillón, refugallos de obras,..., etc. demostran o alto grado de agarimo, de preocupación e de sensibilidade que algúns persoeiros políticos locais, teñen por ese tramo de un vello camiño que por indicación do correspondente asesor do grupo chamado de goberno municipal, forma parte - porque así o determiñaron asesor e asesorados, a vista das flechas de color marelo que pintaron en varios lugares -, do Camiño Portugués pola Costa ou Monacal.
Polo impacto visual e medioambiental. Polo perigo de incendio forestal pola presenza de refugallos e restos de talas de árbores. Pola pésima imaxe que os devanditos políticos coa súa demostrada inacción, ofrece a própios e visitantes ese lugar,... somentes se precisa unha verba para 
calificar ese cúmulo de despropósitos:
Patético!

A falla de limpeza dese vello sendeiro incruído no Camiño Portugués pola Costa ou Monacal é máis que evidente
A biomasa amoreada incrementa o risco de incendio no lugar onde algúns adoitan deixa-la
No pavimento da estrada que desde a PO-552 conduce o litoral da zoa das cetáreas ainda se pode ollar a flecha marela que orienta os peregrinos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario