30 de xan. de 2016

EDITORIAL

TRAMPA MORTAL PARA OS PEÓNS NA ROTONDA DE SAN ROQUE (SALCIDOS)

Urxe darlle unha solución antes de que sexa demasiado tarde






Infogauda / A Guarda

 Cando os proxectos non se revisan concienzudamente, antes de executar ás obras, é estas, non se supervisan in situ no decurso do seu desenvolvemento, ten como probables resultados unhas criaturas que non son do agrado de ninguén. Acontece que algúns "tragan", e unha maioría silenciosa cala. E decir, outorga. E así nos vai a todos.

 Exemplo do que decimos témolo na rotonda de acceso ou saída - segundo á dirección que tomemos -, do Vial chamado de xeito rimbombante de Alta Capacidade, ou de Altas Prestacions. Á realidade, lle doa a quen lle doa, e que non é nin unha cousa nin a outra. É un vial, sí, pero chamarlle de Alta Capacidade ou de Altas Prestacions, semella ser unha inocentada. Por certo, que ninguén cre, desde o primeiro intre da súa posta en servizo. Pero iso é - eiquí e agora -, o de menos. O que crama o ceu, na nosa modesta opinión, é a trampa mortal que para os peons supón o entorno da rotonda de San Roque, onde o que debería ser o arcén peonil, quedou - e á vista están as imaxes que o acreditan - reducido a súa mínima expresión.



 Algúns - conformistas, probablemente - dirán: Ata agora non aconteceu nada! É certo, logo da posta en funcionamento dese vial, non houbo afortunadamente, que nós saibamos,  que lamentar ningunha víctima nese lugar. 

 Teremos que agardar a que aconteza unha desgraza para pedir que se lle de unha solución a trampa existente?

 Facemos esa pregunta, porque xa temos constatado que os peóns adoitan cruzar polas zoas de rodadura dos vehículos á motor. De tal xeito que o non existiren beirarrúas o perigo de atropelo é notorio, sobor de todo, nas horas en que xa non hai luz solar ou á visibilidade é reducida.


   E isto que decimos, supoñemos que xa o deberan saber desde fai tempo, algúns ilustres pais da patria, que teñen, entre outras tarefas, á de traballar a prol da seguridade vial de tódolos contribuintes. Máis semella que iso non lles impide continuar coas súas rutinas cotiás. E iso é o que realmente é grave. Que se fagan ás cousas de xeito rutinario. Sen observar que acontece, ou que pode acontecer, se non se fixeron ás obras pensando na seguridade de todos.


 Polo tanto, co debido respeto que desde sempre temos como norma neste medio de comunicación social, instamos a que sen demora de ningún tipo, se inste a quen corresponda, para que se dote a esa zoa de espazos para o tránsito peonil.


  Como coidamos que nas inmediacions da rotonda de San Roque existe un problema, urxe darlle unha solución axeitada, que sexa segura tanto para os conductores de vehículos a motor, como para os peons. 

 Non queremos rematar por hoxe, sen facer fincapé que preto da rotonda que xungue A Gándara cos barrios de Pintán e A Proba, hai un paso de peóns, no que suxerimos que se dote esa zoa de unha mellora no equipamento de alumeado que faga máis visibles os peóns que cruzan nese lugar.

 Que non teñamos que lamentar ningunha víctima, para que algúns comecen á move-lo cú, porque para entón xa será demasiado tarde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario