1 de out. de 2012

SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)

AS VOSAS IMAXES

A PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE TABAGÓN CELEBROU ONTE A ROMARÍA DE "SAN MIGUELIÑO DAS UVAS MADURAS"
O párroco de San Miguel de Tabagón, Rvdo. D. Arturo Martínez Martínez xunto a Antonio José Uris Alonso (Toñín, de Copy Quisqueya)
Reportaxe fotográfica: Carmen Pérez Alonso e Antonio José Uris Alonso 




Infogauda / San Miguel de Tabagón

Un ano máis, os veciños da parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal), celebraron á festividade de San Miguel. Ainda que este ano, o día própio foi o sábado día 29, a Romaría de San Migueliño das uvas maduras, tivo lugar o domingo día 30 de setembro. Logo da celebración eucarística e da solemne procesión, veciños de San Miguel e doutras parroquias do Val do Rosal, e mesmo do veciño concello de A Guarda, xuntáronse na carballeira para o xantar. O ambente foi do máis gratificante e con moita animación. Todo transcorreu en perfecta harmonía, como é como debe ser. Por alí estiveron tamén os mozos da productora Sete Media, para recoller material audiovisual para o programa Vaia Troula, da TVG. 
Un grupo tradicional formado por rosaleiros e algún guardés, puxeron as notas musicais, a un evento no que houbo entre 350 e 400 persoas, aproximadamente. Tampocuo era cuestión de pasar listaxe, nin andar contando persoa á persoa. O importante foi compartir un fermoso domingo de outono, con unha climatoloxía que xa quixéramos haber tido nalgúns días do pasado verán, e que pequenos e maiores, puidesen disfroitar, que para penas xa nos chegan dabondo co día a día de cada ún.
Que dentro de un ano voltemos a celebrar á festividade de San Migueliño das uvas maduras!







Ningún comentario:

Publicar un comentario