26 de set. de 2013

O ROSAL

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL OFRECERÁ DOUS CONCERTOS NO CAUREL


Agrupación Musical do Rosal

No pasado mes de maio o grupo informal "Mocidade Cabaqueira" formado por 5 mozos/as do Concello do Rosal decidiron presentar, o abeiro das axudas enmarcadas dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, un proxecto que se desarrollaría integramente na Serra do Courel que denominaron "Participa e goza da Cultura e da Natureza"

Fai uns días acaban de recibir a notificiación de que a axuda lles foi concedida, polo que a finais deste mes de setembro, concretamente os días 27, 28 e 29 desprazaranse ata o Courel un grupo de preto de 60 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, todos eles compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal para realizar diversas actividades.

Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas para coñecer o espazo natural, visitas a centros de interpretación da natureza e outros centros de interese da Serra do Courel, con actividades musicais consistentes na realización de dous concertos que serán ofrecidos ó concello e a toda a pobación de Folgoso do Courel de xeito gratuíto.

Os concertos terán lugar:
- 28 de Setembro, ás 11,00 h. en Seoane, no CPI Poeta Uxío Novoneyra, dentro da celebración da Festa dos Maiores
- 29 de Setembro, ás 12,00 h. en Folgoso, na Praza do Concello

Estas actividades queren proporcionar ós membros máis novos da banda de música Agrupación Musical do Rosal a posibilidade de coñecer un espazo senlleiro do pais como medio para ampliar os seus horizontes persoais e conciencialos sobre a necesidade de manter o noso patrimonio cultural e histórico. Por outra parte quere achegar a música de banda a un punto afastado na nosa xeografía, que polas poucas dimensións dos seus núcleos non ten a oportunidade de gozar coa música dunha banda das dimensións e calidade da Banda do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario