11 de maio de 2014

A GUARDA

A COMUNIDADE DE MONTES EN MÁN COMÚN DE A GUARDA, TRIBUTOU UNHA HOMENAXE Á TÍTULO PÓSTUMA, A JOSÉ VICENTE FERREIRA



Chelo cos fillos e netos, o remate da homenaxe en lembranza de José Vicente Ferreira


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

Respondendo á invitación da Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de A Guarda, o domingo 11 de maio, ás 11:00 horas, na Área de Descanso de As Loucenzas, reuníronse familiares, amigos, compañeiros e ex-compañeiros da Corporación Municipal de A Guarda e da devandita Comunidade de Montes, así como representacións das Comunidades de Montes en Mán Común de Camposancos e de Salcidos, funcionarios do concello guardés, e veciños das tres parroquias de A Guarda, co obxecto de honra-la memoria de José Vicente Ferreira.



RESEÑA BIOGRÁFICA DE JOSÉ VICENTE FERREIRA
José Vicente Ferreira, fillo de José Vicente Sobrino e de María Dolores Ferreira Portela, naceu na Estivada (O Castro), o día 25 de agosto de 1947, sendo o benxamín dos cinco irmáns que foron.

Casado con María Consuelo Vicente Verde, José Vicente Ferreira viviu coa súa familia no Tabolado, sendo pai de sete fillos: María José, José Ramón, Ana Belén, Sergio, Miguel, María Consuelo e Vicente Vicente Vicente.

José foi un home emprendedor. Na súa actividade laboral tivo unha empresa de construcción.

Formou parte - mesmo como presidente - da Comisión de Festas do Entroido, do Castro.

No referente a súa labor pública, compre salientar que foi concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular de A Guarda, desempeñando a Concellería de Servizos, sendo alcaldesa Purificación Álvarez Álvarez e tamén co alcalde José Luís Alonso Riego. Súa labor como concelleiro continuouna posteriormente na oposición, ata que faleceu.

Entretando foi un dos primeiros membros da Comunidade de Montes en Mán Común de A Guarda, sendo elexido presidente da Xunta Rectora o 21 de decembro de 1999, cárrego que desenvolveu prácticamente de xeito efectivo ata o 4 de xullo de 2012, data do seu prematuro pasamento.

Na súa etapa como presidente da Comunidade de Montes en Mán Común de A Guarda, leváronse a bo termo varias obras de mellora no Monte Santa Trega, sendo pavimentados con pedra do país, varios atallos que estaban de terra, entre outras melloras.

"Polo seu carácter afable e conciliador - salienta Purificación Álvarez Álvarez, no texto redactado a petición da familia de José Vicente Ferreira e publicado no díptico conmemorativo que foi entregado a tódolos asistentes a homenaxe - [o azar] levouno a participar na vida pública 22 anos, ao servizo do pobo guardés.

Grande apaixoado á pesca que practicaba polas rochas da nosa costa onde gozaba e entraba en conversación cos veciños.

Vaia para vostede, esta homenaxe merecida que sempre recordaremos e que seus compañeiros comuneiros quixeron materializar con este monumento no parque e área de descanso das Loucenzas, fronte ao mar que tanto admiraba e respectaba.

Vaia para el e a súa familia no cariño".

A homenaxe comezou con un pasacorredoiras á carrego dunha representación do Grupo de Gaitas A Boalleira, de A Gándara.


Deseguido interviría Manuel Castro Vicente, membro da Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Mán Común da parroquia de A Guarda, que deu á benvida á tódolos asistentes, agradecéndolles súas prfeseza neste acto de homenaxe, que segundo dixo "(...) ía ser no pasado mes de setembro de 2013, pero por motivos burocráticos non puido ser ata agora".

Castro Vicente salientou tamén  á adicación de José Vicente Ferreira. "Ía tódolos días ao Monte Santa Trega. Estaba pendente de tódalas melloras que a Comunidade alí desenvolvía (...)". 

Logo interviría o rexidor municipal, quen fixo unha sembranza do homenaxeado salientando súa vocación de servizo os demais e súa disposición para chegar a acordos de interese para os cidadans.

O munícipe tamén eloxiou o acerto da ubicación do monumento, por estar n´un lugar preto do monte e do mar.

En nome da familia, a filla primoxénita de José Vicente Ferreira deu as grazas por esta homenaxe.

Deseguido o presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Mán Común de A Guarda, José Manuel Ferreira Lorenzo e José Ramón Vicente Vicente, fillo da persoa homenaxeada, develaron a bandeira coas cores e o brasón de A Guarda - ambos os dous pendentes de adaptar á correspondente normativa en materia de heráldica municipal -  que cobría o monumento, e que logo de recolle-la seríalle entregada por José Manuel Lorenzo Ferreira, a Chelo, viuva de José Vicente Ferreira.




A HOMENAXE TIVO INTRES MOI EMOTIVOS
A sinxela homenaxe a José Vicente Ferreira tamén contou coa participación activa de dous dos seus netos, que portaron un centro de frores que foi depositado na base do monumento. Foi, entre outros, un dos momentos más emotivos do acto, no que tódolos asistentes quixeron expresar seu aprezo á persoa homenaxeada - nunha garimosa lembranza -, como a súa familia.



O monumento é un monolito en granito silvestre de Vila Real (Portugal), de 2,50 m. de altura, e unhas dúas toneladas de peso, que ademais de rematar co perfil dos cumes do Monte Santa Trega, presenta no seu frontispicio un altorrelevo coa efixie de José Vicente Ferreira, e máis abaixo unha praca de bronce, na que figura o seguinte texto:


EN RECUERDO A:

D. JOSÉ VICENTE FERREIRA
PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD DE MONTES DE A GUARDA
21/12/1999 AL 04/07/2012

CON LOS SIGUIENTES COMPAÑEROS:
SECRETARIOS: Celso J. Rodríguez Fariñas
Manuel Castro Vicente

TESORERO: Manuel A. González Martínez

VOCALES: Manuel Rolán Fernández
Emilio Baz Mauri
Rafael Vicente Martínez
José A. Martínez Barbosa
Antonio J. Uris Alonso
Rogelio Fernández Fernández
José M. Lorenzo Ferreira
Valeriano Gómez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente
José M. Cruz Rojo
Francisco Ferreira González
Emilio Martínez Pacheco

1-09-2013



A obra escultórica foi realizada polo artista Luis Álvarez Martínez, de Figueiró, con obradoiro en Carregal (Tomiño).

Unha nova actuación do Grupo de gaitas A Boalleira, poría remate o acto.

Minutos despois, Manuel Castro Vicente informou que tódolos asistentes estaban convidados a un viño galego, no restaurante Area Grande.

SIPNOSE BIOGRÁFICA DO AUTOR DO MEMORIAL
Luis Álvarez Martínez nace en Tomiño (Pontevedra) o 23 de febreiro de 1979. Estudou bacharelato ata que abandonou o instituto a raíz dun curso de cantería no Centro Tecnolóxico do Granito de Porriño, ó cal chegou por causa do azar. Durante dito curso xa destaca con dotes de escultor.  

A súa vida profesional como canteiro artesán abarca a época coñecida como “boom da construcción”, con xornadas laborais de 10 e 11 horas, aínda así atopa tempo para a práctica da súa paixón. Cada vez que dispón de tempo, aumenta o número de obras con: cruceiros, fontes, imaxes relixiosas, monumentos e unha gran variedade de imaxes decorativas.  

O único que desexa transmitir a través da súa obra é a paixón que el sinte polo mundo da escultura, intentando sorprender ó público con cada un dos seus traballos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario