6 de xuño de 2014

CULTURA

ENTREVISTA

FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI (ESCRITOR E POETA GALEGO), PRESENTA SEU LIBRO DE CONTOS INFANTÍS "UN NENO NA EMIGRACIÓN"

A publicación ten unha fermosa mensaxe, que compre espallar, para que ás xeracións presentes e as futuras, sintan no seu fuero interno  – dentro e fora de Galicia - á satisfacción de falar e escreber en Galego.

 "(...) A miña poesía local foi sempre crítica con moitos feitos e cousas. Posiblemente o decir certas cousas non sea do agrado de moita xente".                                                             

  Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
   
  O escritor e poeta Francisco Álvarez Álvarez (A Estivada – Salcidos, A Guarda, 1957), coñecido no ámeto literario como Francisco Álvarez – Koki, ven de publicar “Un neno na emigración”, un conto para nenos, en edición trilingüe (galego, castelán e inglés), destiñado o público infantil, si ben coidamos que súa lectura tamén vai resultar moi proveitosa, lingüistícamente falando,  para os lectores maiores. É máis, coidamos que estamos diante de un libro que debera “entrarlles” polos ollos – dito sexa co meirande respecto – os adultos, para que logo servise de agasallo e convite á súa lectura, para os picariños da casa.

Capa do libro de contos Un neno na emigración, do escritor galego Franciso Álvarez - Koki

  O libro, adicado a Breogán – o protagonista do conto -, e tamén á Jasmine e Lourenzo, está magníficamente ilustrado por Marta Iglesias Rodríguez. Súa edición estivo o coidado de Cándido Meixide Figueiras.

  Editado por Edicións do Cumio, S. A., “Un neno na emigración”, ten unha fermosa mensaxe, que compre espallar, para que ás xeracións presentes e as futuras, sintan no seu fuero interno  – dentro e fora de Galicia - á satisfacción de falar e escreber en Galego, sen que iso supoña renunciar ó coñecemento doutras lingoas como o castelán,o inglés, ou o mandarín, poñamos por caso.

  Con Francisco Álvarez – Koki, con quen compartimos un patrimonio inmaterial de inquedanzas culturais e sonos carregados de utopías, vimos de manter na súa casa de As Maceiras (Salcidos), á seguinte entrevista:

  Cándo e cómo xurdiron os “bimbios” que darían lugar o fío conductor do libro “Un neno na emigración”?
 - Este libro xurdiu na diáspora, cuando sentía door de escoitar a os pais falarlle outras linguas os seus fillos, cambiando asi a sua identidade.
 Logo da súa lectura, recoñecemos o protagonista da obra, como o própio fillo do autor. Cál foi a motivación que levou á Álvarez - Koki a personificar o personaxe literario na persoa do seu fillo biolóxico?
 - Cuando nace o meu fillo, hubo moita xente que me dixo, que era mellor que o educara en castelán, que si non logo mezclaría o galego co castelán e que seria un problema. Quixen demostrar que os nenos poden aprender varias linguas o mesmo tempo, pero sobre todo non se pode castrar a identidade de un neno, polo que os adultos pensen. Logo cuando ese neno sexa adulto, pode elexir. Namentras estamos na obriga desa trasmisión da nosa cultura. Si iso hubera ocurrido posiblemente o meu fillo sentiría pena, de que eu  non lle ensinase a lingua propia da súa terra e a súa cultura. 
 Ainda que compre descobrela coa súa lectura, qué mensaxe leva implícita o libro?
 - A menxase e sinxela, e una maneira de facer patria donde queira que estemos, falar noutros países o fermosa que e Galiza e sobre todo facer que veñan para que vexan que non mintimos.
 Francisco Álvarez – Koki escomenzou súa andaina literaria como poeta, con “Lexanías” (A Guarda, 1980), un poemario que sería punta de flecha de outros títulos en galego e tamén en castelán, que posteriormente algúns, mesmo serían publicados na lengua de William Shakespeare. Máis tarde, desde New York tamén cultivaría o xornalismo en galego. Logo viría á narrativa, con Ratas en Manhattan, cuia segunda edición xa está nas librarías, e mesmo unha obra de teatro, e agora un libro de contos infantís. Podemos decir que Álvarez – Koki aínda lle quedan rexistros por explorar a prol dos lectores?
 - A verdade e que os proiectos xurden de maneira natural, non sei que outras cousas podo facer, pero o que sí e certo e que aquilo que fago io fago con amor e con dignidade, e iso e o mais importante.
 Álvarez – Koki, que reside en New York desde 1984, é colabourador da Academia Norteamericana de la Lengua Española (ANLE). Cal é o diagnóstico hoxendía, da lengua de Cervantes nos EE.UU.?
 - A resposta a esta pregunta sería longa de contestar, temos que entender que o castelán e una lingua falada por moitos millons de persoas en moitos países. As últimas modificacions da academia enriqueceron o panorama lingüistico. Goza de moi boa saude, e a chegada de mais emigrantes o país e un suma e sigue. Certo que con certas variantes e acentos,  pero iso ocurre en todas as linguas.
 - A qué motivos coida que a día de hoxe, Francisco Álvarez – Koki, membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), autor de varios libros de poesía, en galego e en castelán, así como co-autor de varios libros, xornalista, activista cultural, ..., que figura en varias antoloxías poéticas, etc., que exerce como galego dentro e fora do País, e que conte co status de autor literario recoñecido, semelle ser, no seu própio pobo de nacencia, cáseque un “descoñecido” para algúns persoeiros?
 - A miña poesía local foi sempre crítica con moitos feitos e cousas. Posiblemente o decir certas cousas non sea do agrado de moita xente.
Ninguén e profeta na súa terra, pero eu sigo queréndolle a A Guarda.
 O fío da pregunta anterior, cómo valora que até o de agora, Francisco Álvarez – Koki, membro co-fundador da Agrupación Cultural Guardesa, e con amplo bagaxe literario, non teña sido homenaxeado en A Guarda, co gallo do Día das Letras Galegas?
 - Iso terías que preguntarllo a eles, pero de todas as maneiras danme medo os homenaxes, pois despois deles  e cuando ún empeza a morrer.
 En qué proxectos está traballando hoxendía Francisco Álvarez – Koki?
 - Nun libro adicado a A Guarda que a Diputación de Pontevedra ten pensado editar e que se chama  NA SOMBRA DO TREGA, e que espero saia a luz a primeiros do 2015.

Ningún comentario:

Publicar un comentario