26 de xul. de 2014

A GUARDA

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE POESÍA DE ÁLVARO VILLA ANDRÉ NA GUARDA

Las crónicas de Ava
Poesías y Frases del Alma de Danza, Amor y Astronauta



     Infogauda / A Guarda

    O vindeiro xoves 31 de xullo, ás 21:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural e Social de A Guarda, terá lugar a presentación do libro "Las crónicas de Ava: Poesías y Frases del Alma de Danza, Amor y Astronauta", de Álvaro Villa André (A Guarda, novembro de 1967) e residente hoxendía en Granada.


  Álvaro naceu con parálise cerebral. Con 5 anos de edade emigrou cos seus pais a Alemania, país onde residiu ata os 18 anos. Cursou estudos de Administración Comercial en un centro de Formación Profesional.

  Na primaveira de 1986 Álvaro e súa familia, retornan a Galicia. Eiquí comeza seu interese pola poesía. Seus primeiros poemas escríbeos na lingua de Goethe. Conta co apoio constante da que fora profesora súa de alemán. O cabo de un ano escrebe íntegramente na língua de Cervantes.

  A adicación poética de Álvaro ven de lonxe, e xa en 1991, co seu poema "Metropólis", acadou o 2º premio no Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente, que organiza á Agrupación Cultural Guardesa. Nese mesmo ano, ten varias actuacions de danza contemporánea, e nunha delas recítase diante de todo o auditorio, o referido poema. 

  Pouco despois trasladaríase a Tarragona onde reside por espazo de dúas décadas, adicado ata comezos de 2013, en diversos traballos, como deseñador de páxinas web e traductor de alemán. Asemade, no período comprendido entre 1999 e 2001, dirixe e presenta o programa "Music Explorer", na Radio Municipal de Tarragona.  

  Escritor e poeta, Álvaro Villa tamén é colabourador e voluntario de ASPACE (Asociación Granadina de Atención a Personas con Parálisis Cerebral).

 O libro, que xa foi presentado no Centro Artístico Literario de Granada o pasado día 8 de maio, e presentaráse próximamente en Vigo; foi recibido con boas críticas polo público. 

 Na publicación o autor reflexiona sobre os seus pensamentos, o senso da vida, o amor e outras realidades, así como da importancia do esforzo e a superación para as persoas, teñan ou non, unha discapacidade. 

  No acto do vindeiro xoves, o poeta estará acompañado por Julia Sobrino González, Chuny Vázquez Vicente e Pablo Pena Lomba, que leerán algún dos seus poemas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario