7 de set. de 2014

A GUARDA

PROPOSTAS PARA TENTAR PALIAR A PROBLEMÁTICA DO ANIÑAMENTO DAS GAIVOTAS NAS CUBERTAS DOS EDIFICIOS E CASAS

- O Concello de A Guarda carece de un protocolo de actuación para atender ás queixas dos veciños 

Gaivota criando no tellado do vello colexio público Manuel Rodríguez Sinde - Foto: Miguel Reboredo Otero

 Dada á problemática que desde fai uns anos ven producíndose na vila de A Guarda – e por suposto tamén noutras localidades da Península Ibérica -, polo aniñamento de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) en inmobles urbáns, e vendo que o concello guardés carece - segundo pudemos constatar -, de un protocolo de actuación para pór en práctica naqueles casos nos que se producen queixas dos veciños, vimos a suxerir, como un primeiro paso, tendente á reducir os aniñamentos en inmobles particulares, a adopción das seguintes propostas:

- Incrementar á dotación de contentores de lixo orgánico para tentar evitar que á acumulación de bolsas fora dos mesmos – sobor de todo nas fins de semán – contribúa a evitar o esparcemento do lixo polas rúas, e por conseguinte á presenza das gaivotas rompendo as bolsas e ciscando o lixo ou trasladándoo os tellados onde están aniñando.

- Ir substituíndo paulatinamente ás papeleiras actuais, por outras nas que as aves non poidan acceder o contido das mesmas. 

- Desenvolver una campaña informativa dirixida á cidadanía coas pautas básicas a seguer, a fin de evitar que as gaivotas obteñan o alimento de xeito doado. 

- Instalar con carácter temporal  e coa debida antelación – previamente o comezo da vindeira tempada de cría - niños artificiais inconclusos en lugares extratéxicos seguros, onde os depredadores terrestres non poidan acceder a eles, co fin de facilitar a reubicación das zoas de nidificación das gaivotas e paulatinamente disuadi-las de nidificar nos tellados de inmobles particulares onde o veñen facendo desde fai varios anos. 

- Solicitar ás Administracións correspondentes, autorizacións para delimitar coa colaboura da cidadanía, zoas de nidificación de aves preto do litoral marítimo. 

- Reducir á evidente contaminación lumínica nas zoas urbanas, sobor de todo nas proximidades do mar. De tal xeito que o tempo que se contribúe o aforro no consumo enerxético, se avanza respecto á limitación do ritmo de actividade reproductiva das aves. 

- Deseñar e activar un servizo municipal - gratuito para á cidadanía -, de retirada de niños e ovos, naquelas localizacións onde haxa queixas dos veciños, xa que estas aves emiten ruidos, tanto de día como de noite, a xeito de defensa territorial do seu espazo de aniñamento. 

- Facilitar información os cidadans para contribuir a que se poidan desenvolver tódalas actuacións con arranxo á lexislación en vigor, a fin de evitar que os particulares procedan á retirada de niños pola súa conta ou a adoitar medidas disuasorias lesivas para ás aves, e que ademáis está comprobado que non evitan o aniñamento das gaivotas nas cubertas das vivendas. 

- Consignar nos orzamentos municipais de 2015 e nos exercicios vindeiros, unha partida con dotación económica suficiente - atendendo os datos de aniñamentos que poidan aportar entidades como ANABAM e ás referencias dos própios veciños afectados directamente polo aniñamento de gaivotas en inmobles das súas propiedades - para afrontar por parte do Concello de A Guarda, os custes que ata agora viñeron asumindo os veciños nas labores de retirada dos niños, osos, pedras, paus, restos de alimentos, etc., así como excrementos, acumulados nos lugares de aniñamento de gaivotas, que xeran atascamentos nos desaugues pluviais, danos nas cubertas, depósitos de lixo e pedras,…, en edificios e vivendas unifamiliares, logo de rematar o tempo de aniñamento, así como asumir os custes das reparacións dos desperfectos causados polas gaivotas.

 Coas propostas que vimos de sinalar, desde Infogauda pretendemos contribuir a tentar acadar o equilibrio entre a colonia urbana de gaivotas e o benestar dos veciños, obxectivos que debera proporse a Concellalía de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, contando coa colaboura das administracións correspondentes e da cidadanía. O que non se pode aturar por máis tempo e que pola inacción de algúns, que semella que viven noutra galaxia, cada ano, na época de reproducción das gaivotas, continúen producíndose os mesmos feitos e que ninguén con responsabilidade nesa materia faga nada o respecto. Dese xeito - virando á testa para outro lado - a problemática afecta os veciños - polos inconvintes antes indicados, entre outros - e repercute negativamente na colonia de gaivotas, dado que pola instalación de estruturas repelentes (arames, redes, fíos de tanza, etc.) o único que se consegue é que as gaivotas sofran graves lesións nas ás, resultando malferidas e nalgúns casos, rematando súa existencia atropeladas polas rúas da vila, pero non impide que unha das supervivintes da parella procreadora, logre sacar adiante a súa niñada de polos. 

 Non queremos rematar esta información sen agradecer a voluntariosa atención que nos foi dispensada por efectivos do SEPRONA, a quen lles solicitamos información sobor da existencia ou non, de algún protocolo referente á problemática do aniñamento das gaivotas en bens inmobles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario