3ª REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA 2014
A GUARDA
Sociedade Atlética do Trega / A Guarda
Regulamento:
1º -
Coa organización e patrocinio do concello de A Guarda e colaboración de Conrazones, Cruz Vermella,
Asociación San Vicente Paúl e Servizos Sociais do Concello, celebrarase a 3ª Reunión Atlética e Andaina Solidaria
o día 28 de Decembro do 2014 no porto da Guarda, realizando o control das
carreiras o atletismo S.A. Do Trega.
2º A inscrición será gratuíta e cada atleta
participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe.
Agradecemos en especial a entrega de leite, azúcre, cacao, chocolate,
conservas, embutidos, produtos envasados
ovacío e aceite.
3º Convidamos os deportistas que a título
individual ou colectivo queiran sumarse a esta carreira e andaina solidaria e a
cidadanía en xeral, a colaborar na doazón de alimentos que serán recollidos na secretaría da carreira.
3º Os
horarios de saída das carreiras populares (federados e non federados) será os
seguintes:
CATEGORÍAS
|
DATA NACEMENTO
|
DISTANCIA APROX.
|
SAÍDA APROX.
|
ANDAINA
|
Non é competitiva
|
10 Km
|
10:00
|
Infantiles mulleres e homes
|
2003/2002
|
3 km
3 km
|
10:20
10:20
|
Cadetes mulleres e homes
|
2001/2000
|
||
Júnior mulleres e homes
|
1.999/98 /97/96
|
10 km
|
10:40
|
Sénior mulleres
|
1.995/94/93/92 ou antes
|
||
Sénior masculina
|
1.995/94/93/92 ou antes
|
||
Alevíns mulleres e homes
|
2005/2004
|
1 km
|
10:45
|
Benxamíns mulleres e homes
|
2007/2006
|
0,5 km
|
10:55
|
Prebenxamís
mulleres e homes
|
2009/2008
|
0,5 km
|
11:00
|
Pulgas mulleres e homes
|
2013/2010
|
100 m
|
11:05
|
4º As inscricións efectuaranse a través http://www.reunalia.com/1792751. Neste caso os participantes deberán enviar
os seguintes datos: Nome, apelidos, DNI, nº ficha (federados), club,
residencia, data nacemento completa e teléfono). Tamén poderán inscribirse
cumprimentando os datos requiridos no seguinte enlace http://www.reunalia.com/1792751. Pódese acceder a este enlace deste http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ ou http://www.trega.es/
5º - O prazo de inscricións péchase o día
antes da celebración da proba. AGRADECEMOS
QUE SE INSCRIBAN OS QUE REALMENTE VEÑAN A PARTICIPAR.
6º O percorrido para a carreira júnior e
senior será o seguinte: saída e chegada no Porto da Guarda, Fernández Albor,
Senda Litoral ata o Puntal, Praia O Muíño, Lamiña, Armona, Lagoas, Puntal,
Senda Litoral, Fernández Albor e Porto da Guarda. Para o resto de categorías
adaptaranse distintos circuítos no entorno do paseo Marítimo do Porto Guardés.
O percorrido da Andaina será o seguinte: Senda
Litoral ata o Sollás, subida polo camiño do Sollás, subida polo camiño Cova da
Loba, Granxa, Praza de San Amaro, Igrexa Parroquial, Outeiro, Cascallar,
Armona, Lagoas, Puntal, Senda Litoral e chegada ó Porto.
7º En
todas as carreiras realizarase unha clasificación por categorías de ambos los
dous sexos que estarán dispoñibles nas páxinas http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ e http://www.trega.es/. Non se entregarán resultados no día da
proba.
8º Entregaranse
medallas para os tres primeiros clasificados das carreiras nas distintas
categorías.
9º
Serán gañadores da 3ª Reunión Atlética e
Andaina Solidaria 2014 a primeira atleta clasificada da carreira júnior,
sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira júnior, sénior
masculina.
10º Os
participantes correrán cos gastos de desprazamento. TRAERÁN EMPERDIBLES PARA COLOCAR O DORSAL.
11º
Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no
momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do
comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade
impresa. Unha vez rematada a proba terán
que ser entregados en meta.
12º Os
participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos
antes da hora de comezo das súas carreiras.
13º Os participantes poderán ducharse nas
instalacións do Club de Remo ROBALEIRA.
14º
Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables
dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasione a
participación nesta carreira.
15º Se os corredores da carreira absoluta
chegan antes de realizarse a carreira dos mais pequenos esta retrasarase.
16º Dado o carácter popular non se admiten
reclamacións. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por
escrito.
17º O
feito de inscribirse nesta carreira popular e federado leva implícita a
aceptación deste regulamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario