23 de ago. de 2016

A GUARDA

DEPORTES

ARTEMI GAVEZOU CASTRO, XIMNASTA DE ASCENDENCIA GUARDESA, MEDALLISTA OLÍMPICA EN RÍO DE JANEIRO

Artemi, a segunda pola esquerda, posa sorrinte coa medalla xunto ás súas compañeiras


Infogauda / A Guarda

 O concello da Guarda ven de faer pública unha nota de prensa pola cal "quere felicitar á ximnasta de orixe guardés Artemi Gavezou Castro polo seu recente éxito nas olimpíadas de Río de Janeiro 2016. Artemi é unha das compoñentes do equipo olímpico de ximnasia rítmica que ven de acadar a medalla de prata por equipos nesta disciplina".  

 A nai de Artemi é natural de A Guarda. María José Castro Ocaña é unha das fillas de César Castro Rodríguez, emprendedor guardés moi coñecido e apreciado en toda á comarca, que durante moitos anos tivo o establecemento Santa Lucía situado na rúa Concepción Arenal.  

 Desde o executivo municipal salientan que "é un orgullo para a nosa vila que unha deportista de tan alto nivel que acadou nestas olimpíadas un éxito tan notable teña aquí parte das súas raíces. O concello quere estender os parabéns a súa familia guardesa, moi especialmente a o seu avós César e Petrita que seguro que estes días se senten especialmente felices e orgullosos polo éxito da súa neta".

Ningún comentario:

Publicar un comentario