22 de ago. de 2016

BAIONA

XX FESTIVAL FOLCLÓRICO BAÍÑA´16

Sábado día 3 de setembro, ás 22:00 h., na Praza do Concello de Baiona



Infogauda / Baiona

 O día 3 de setembro, ás 22:00 horas, na Praza do Concello de Baiona, celebrarase o XX Festival Nacional de Folclore que organiza a Asociación Folclórica "Airiños da Lagoa" de Baíña.  

 Este ano, no que a Asociación Folclórica "Airiños da Lagoa" de Baíña celebrará súa segunda década, o programa conta coa participación dos grupos "Manteos y Monteras", de Alcañices (Zamora), "Korosti Dantza Taldea", de Legazpi (Guipúzcoa) e, como non, os anfitrións "Airiños da Lagoa", de Baíña (Baiona).  

 En caso de mal tempo o evento celebrarase no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario