18 de ago. de 2016

ESTÁS (TOMIÑO)

XVIIIª SEMANA CULTURAL DA PEREGRINA

no Centro Social de Estás



Ricardo Rodríguez Vicente / Estás


 O Centro Social de Estás organiza á XVIIIª Semana Cultural da Peregrina, que terá lugar desde o domingo día 21 de agosto ata o venres día 26 deste mes, nas instalacions do Centro Social e no recinto de festas de Estás (Tomiño).

 A XVIIIª Semana Cultural da Peregrina - na que colabouran o Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Estás e a Cafetería do Centro Social de Estás - comeza o día 21, ás 12:00 h., coa inauguración da exposición de pinturas de Quico Paz Antón. Ese mesmo día, desde ás 19:00 h., terá lugar o evento Pequelancia, con inchables e festa da espuma.

 O luns día 22, ás 22:00 h., Teatro con "Os Parrandiñas" e un espectáculo de maxia con "O Mago Zanas".

 O martes día 23, desde ás 22:00 horas, sesión de baile moderno co Grupo Fantasía. Tamén haberá unha exhibición de baile latino na que participarán Ángela e Miguel, Subcampions galegos de Bachata.

 O mércores día 24, ás 22:00 horas, festival de música tradicional coa participación das Pandereteiras do Maraghozo e o Grupo Virxe do Alivio.

 O xoves día 25, ás 21:00 h., presentación do libro "Conflictos bélicos na raia", da autoría de Juan Ramiro Carnero (Perico). O programa deste día completarase co Concerto de Mugardos "Músicas do Mundo".

 E o venres día 26, desde ás 23:00 h., concerto na terraza do Centro Social de Estás, co Grupo Adrede.

Ningún comentario:

Publicar un comentario