22 de ago. de 2016

GALICIA

O Consello da Xunta de Galicia cesa a varios altos cargos que concorrerán ás eleccións do vindeiro 25 de setembro


Infogauda / Santiago de Compostela

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta mañá unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta para aprobar os decretos de cesamento de varios altos cargos do Goberno que concorrerán ás eleccións ao Parlamento de Galicia o vindeiro 25 de setembro.
 Os decretos recollen o cesamento de: Diego Calvo, delegado territorial da Xunta na Coruña; Raquel Arias, delegada territorial da Xunta en Lugo; Marisol Díaz, delegada territorial da Xunta en Ourense; José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta en Pontevedra; Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta en Vigo; Álvaro Pérez López, director xeral do Gabinete da Presidencia; María Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia; Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración; Alberto Pazos, director xeral de Administración Local; e Susana López Abella, secretaria xeral da Igualdade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario