18 de ago. de 2016

OPINIÓN

O CICLISMO GALEGO                          


Francisco Alvarez Koki (*)

 Quedei sorprendido este ano, no mes de Xaneiro, cuando puiden enterarme polos meos de comunicación, da presentación da Volta a España, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Parece ser que mais que na edición anterior, varias das etapas discurrirán pola xeografía galega. Quedei sorprendido, quedei preocupado e doído como galego que ama o ciclismo. Non sei de donde saíu agora tanta ilusión polo ciclismo galego do noso goberno. Tamén puidese ser que o quixeran utilizar como ferramenta turística. O certo e que nestes últimos anos hai un folclorismo patético, arredor do deporte do pedal. O que mais me sorprende e a complicidade do ciclismo galego co goberno, xa que gracias as súas actitudes estamos como estamos. Porque foi este goberno que nada mais chegar o poder, desfixo as ilusións dos nosos ciclistas profesionais. Polo tanto, penso que todo o ciclismo galego, debía de estar ausente nesa presentación. Escribo este artigo, en vésperas da saída da volta a España, porque non puiden menos que sentir noxo. Sabemos que as bases do ciclismo, son os clubes, que fomentan afición e preparan os ciclistas nas diferentes categorías amateurs. Pero que pasa cuando chegan o eido profesional. E aí onde se precisa toda axuda posible para coroar ese soño do corredor ciclista. Fagamos un pouco de historia, para que non esquezamos, porque esquecer e ter a covardía de non recoñecer o pasado.

 O 27 de Abril do 2006, aparece un artigo no xornal El País, onde se anunciaba que dende a consellaría de Cultura e Deporte, e a través do que sería Fundación do Ciclismo Galego, o nacemento de un equipo profesional galego, baixo o patrocinio de o ex xogador do celta Valery Karpin. Nese intre o director xeral para o Deporte era Santiago Domínguez Oliveira.

 A iniciativa privada de Valery Karpin, S. L. e Caixa Nova, financiarían o 67% do orzamento que ascendía a 3.7 millóns de euros, o restante 33% sería posto pola Xunta e a Deputación de A Coruña. Na súa primeira aparición no ano 2007, o Karpin Galicia, tivo moito éxito, onde ademais de ganar etapas en distintas probas, conseguiron un meritorio quinto posto na Volta a España que gañaría Denis Menchov.

 No 2008 comezaron ganando unha etapa na Volta a Cataluña, que logo ganaría o corredor, Gustavo César  Veloso. Pero foi neste fatídico ano en que o Karpin e os cartos do patrocinio desapareceron e crearon un ambiente caótico, que nese momento a Xunta de Galiza resolveu. E o día 15 de Agosto dese mesmo ano decidiron o total patrocinio do equipo galego, que dende ese momento pasaría a chamarse Xacobeo Galicia, aportando o goberno galego, os cartos do patrocinador Valery Karpin, quen logo no ano 2010  sería xulgado e condenado a pagar o equipo 2 millóns de euros.

 No 2009 prodúcese un cambio no color da política de Galiza, onde o Partido Popular, releva o bipartito B.N.G. e P.S.O.E. O novo secretario xeral para o deporte pasa a ser José Ramón Lete Lasa. O 2010, foi un ano de incertidume, xa que o director do equipo Álvaro Pino, anuncia que esa sería a súa última tempada na escuadra galega. Desexando que o equipo durase moitas temporadas mais. Así neste ambiente camaleónico, vivían os seus corredores, e nese mesmo ano o corredor Ezequiel Mosquera, ademais de gañar a etapa raiña, que terminaba na mítica Bola do mundo, queda segundo na Volta a España, detrás do gañador o italiano Vicenzo Nibali, e Serafín Martínez segundo na clasificación da montaña. A todo isto e a pesar de un comunicado, o dia 9 de Setembro, de que a escuadra galega Xacobeo Galicia, continuaría un ano mais no pelotón, o 27 de Setembro, José Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, anunciou que a situación do equipo era moi delicada o non encontrar patrocinador. Así no día 30 de Setembro, fíxose publica a desaparición do equipo. O 7 de Outubro dese mesmo ano, na Praza do Obradoiro, os galegos manifestáronse en contra da desaparición do equipo profesional galego. Nos distintos xornais galegos e do resto de España, apareceron distintas notas do calvario que os corredores e os auxiliares pasaron para cobrar o que se lles debía. A día de hoxe xa pago según a Fundación do ciclismo galego. Non e necesario facer mais comentarios. Solo preguntarlle a Serafín Martínez, por que colgou a bicicleta, e por que os corredores galegos tiveron que emigrar algúns a Portugal, como Gustavo César Veloso, que xa gañou a Volta a Portugal catro veces. Que non nos vendan a moto, despois de deixarnos sin equipo profesional.

* Poeta, escritor e xornalista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario