20 de set. de 2016

MOVEMENTOS SOCIAIS

Presentación do libro “La gran estafa de las preferentes”, de Andreu Missé en O Rosal, Compostela e Lugo  

Este mércores día 21 de setembro ás 19:00 horas, na Casa do Concello, de O Rosal



Informa: Coordinadora de Plataformas de Afectados por Preferentes e Subordinadas de Galicia / Santiago de Compostela


 Andreu Missé, xornalista e autor do libro "La gran estafa de las Preferentes" estará esta semana en Galiza facendo a presentación do mesmo, en tres actos que se celebrarán en O Rosal (Baixo Miño), Santiago de Compostela e Lugo.  

 No acto de Compostela participará, ademáis do autor do libro, o voceiro da Plataforma de Afectados de Baixo Miño, Carlos Varela (ex-Fiscal Superior de Galicia) e Francisco Jorquera Caselas (parlamentario do BNG). Presentará Xesús Domínguez, voceiro da Plataforma de Compostela. 

 A gran estafa das preferentes, cuxo autor é o xornalista Andreu Missé, desvela o papel determinante dos abusos e malas prácticas da banca durante a xestación, o estalido e os intentos de reparación da crise financeira en España. 

 O libro, editado pola cooperativa Alternativas Económicas SCCL, que publica a revista “Alternativas Económicas”, toma como punto de partida as chamadas participacións preferentes -produtos complexos colocados con engano e impunidade entre clientes inexpertos-, para reconstruír a maior estafa protagonizada por bancos e caixas españois na nosa historia recente, con preto dun millón de afectados. 

 Un dos capítulos, titulado "A convulsión en Galiza", está adicado á estafa e ás mobilizacións no noso país. Inclue artigos adicados aos afectados Domitila Vicente (Salcidos), José da Pena (Bergondo), así como unha entrevista a Carlos Varela, ex fiscal xeral de Galiza. 

Calendario coas datas e lugares da presentación

 Presentación do libro “La gran estafa de las preferentes”: que se celebrarán en: 

 O Rosal: 21 de setembro ás 19:00 horas. Casa do Concello. 

 Compostela: 22 de setembro ás 11:00 horas. A Nave de Vidán.

 Lugo: 22 de setembro ás 17:00 horas. Galería Sargadelos.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario