23 de xuño de 2025

PONTEVEDRA

Minuto de silencio polo décimo quinto feminicidio no que vai de ano en España


O subdelegado, Abel Losada; a deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos; persoal da Subdelegación e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, no minuto de silencio de hoxe
Foto: S. do G.


Delegación do Goberno / Pontevedra

 Presidido polo subdelegado, Abel Losada, e con asistencia da deputada provincial de Igualdade, Sandra Bastos, persoal da Subdelegación e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, gardamos un minuto de silencio na Subdelegación do Goberno de Pontevedra polo último asasinato machista, producido o pasado venres en Fuengirola (Málaga).  

 Décimo quinto feminicidio no que vai de ano en España.

TOMIÑO

Tomiño alza a voz por Palestina nun acto solidario no Espazo Fortaleza, de Goián  

• O Concello e o colectivo Baixo Miño con Palestina únense este sábado, 28 de xuño, ás 11.00 horas para amosar a súa repulsa ao xenocidio en Gaza  




Infogauda / Tomiño 

 Tomiño alza a voz contra a barbarie. O Concello e o colectivo Baixo Miño con Palestina organizan o vindeiro sábado, 28 de xuño, un acto solidario no Espazo Fortaleza, de Goián para amosar a súa repulsa polo xenocidio que o Estado de Israel está a cometer contra o pobo palestino en Gaza. 

 A partir das 11.00 horas, a veciñanza poderá participar nun evento cargado de memoria e humanidade que contará con recitais poéticos, intervencións de persoas representantes do colectivo organizador e pequenas pezas musicais representativas que darán forma a unha mensaxe colectiva de solidariedade. 


Desde hai uns días, unha faixa pendurada no balcón do Concello recorda cada día este compromiso co pobo de Palestina, coa vida e coa liberdade

Foto: C.T.

 Como símbolo visual e peche do acto de repulsa, Concello e colectivo despregarán un mosaico de letras xigantes coa mensaxe Stop Xenocidio como berro en defensa da vida e dos dereitos humanos. 

 “Desde Tomiño queremos ser altofalante da dignidade, da xustiza e da paz. Non podemos mirar cara a outro lado mentres se cometen atrocidades contra a poboación civil, e este acto é unha mostra do noso compromiso coa defensa dos dereitos fundamentais”, declarou a alcaldesa, Sandra González. 

 Desde hai uns días, unha faixa pendurada no balcón do Concello recorda cada día este compromiso co pobo de Palestina, coa vida e coa liberdade. 

DEPORTES

PIRAGÜISMO

Bronce para Nerea Álvarez, e gran traballo dos teixugos na 2ª Copa de España de Slálom “Jóvenes Promesas” 

A der.: Nerea Álvarez, coa súa medalla de bronce que logrou na modalidade de C1 Infantil A


Informa (foto e redacción): Rosa Fernández Carrera 

 Esta fin de semana, na localidade de San Miguel, en Irún, disputouse a 2ª Copa de España “Jóvenes Promesas” de Slálom. As augas do río Bidasoa acolleron as futuras promesas do slálom español, concretamente da categoría cadete, infantil de segundo ano ou infantil A e infantil de primeiro ano ou infantil B. Vinte clubs e douscentos cincuenta deportistas procedentes de tódolos puntos da xeografía comezaron o sábado a competir, disputando as eliminatorias para determinar os dez mellores tempos que entrarían nas finais do domingo. O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu cunha representación de oito deportistas que deixaron o pavillón ben alto. 

 O papel máis destacado correspóndelle a Nerea Álvarez na modalidade de C1 Infantil A. Nerea comezou a súa participación o sábado cunha impresionante manga clasificatoria, rematando terceira a menos de medio segundo de gañar a manga. Na final do domingo repetiu posición, gañando por tanto a medalla de bronce. Na mesma categoría tamén participaron Leila Álvarez e Catalina Sánchez, que tamén pasaron á final, rematando quinta e sétima respectivamente. 

 Estas mesmas deportistas tamén competiron en K1 Infantil A xunto a Beatriz Sánchez, todas elas pasaron a final do domingo. Leila rozou o podio ao rematar cuarta, Nerea foi quinta, Catalina sétima e Beatriz décima.  

 Rita Olveira competiu en K1 Infantil B, pasou á final e rematou no sexto lugar.  

 Lois Montenegro en K1 Infantil B tamén conseguiu o pase a final onde rematou quinto.  

 En K 1 infantil A, Izan Vicente e Alejandro Barreiro non acadaron o pase á final, rematando finalmente vixésimo terceiro e vixésimo cuarto respectivamente.  

 Impresionantes os teixugos nesta súa primeira competición a nivel nacional da tempada. Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos acadou o quinto posto por detrás dos grandes clubs catalás e vascos.

VALENÇA DO MINHO

Valença promove casting de modelos para todas as idades    

•  O evento é promovido pela Impact Models, agência de referência no panorama nacional e conta com o apoio da Câmara Municipal de Valença




Vitor Salvador / Valença do Minho

 Valença vai acolher um casting inclusivo para a seleção de modelos de todas as idades, géneros e estaturas, no próximo sábado, 28 de junho, entre as 10h00 e as 19h00, no Pavilhão Multiusos.  

 Este casting insere-se no âmbito do evento "Valença Impact Fashion", o maior desfile de moda da região, que terá lugar a 23 de agosto, no Jardim Municipal de Valença. Um espetáculo que promete encher Valença de glamour.  

 A iniciativa pretende valorizar a diversidade, oferecendo uma plataforma a todos os que sonham integrar o mundo da moda, independentemente da sua experiência anterior.  

 A participação é gratuita e os interessados podem inscrever-se previamente ou, em alternativa, no próprio dia, diretamente no local.  

 O evento é promovido pela Impact Models, agência de referência no panorama nacional e conta com o apoio da Câmara Municipal de Valença.  

Casting: 28 de junho – Pavilhão Multiusos de Valença  

Desfile: 23 de agosto – Jardim Municipal de Valença

22 de xuño de 2025

TURISMO

O Camiño da Costa bate récords con preto de 36.000 peregrinos e consolídase como a ruta xacobea que máis medra, cun 20% máis no primeiro semestre do ano 

 A Xunta organizou este domingo a II Etapa Popular Camiño da Costa, esta vez no tramo de 15 quilómetros que une o mosteiro de Santa María de Oia e a Oficina de Turismo de Baiona

 O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou o ritmo de crecemento desta ruta que medra este ano un 20% con respecto ao mesmo período de 2024  

 A delegada da Xunta, Ana Ortiz, incidiu na “fermosura e beleza” da ruta e lembrou a necesidade de que se sinalice o seu paso polas rúas de Vigo “para guiar a preto de 300 peregrinos ao día”


Preto de 150 persoas partiron a primeira hora da mañá desde o mosteiro de Oia para cubrir os 15 quilómetros que discorren ata o casco urbano de Baiona, entre eles a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña

Foto: X.G.

Infogauda / Baiona 

 A II Etapa Popular Camiño da Costa, que discorreu desta vez entre os municipios de Oia e Baiona, celebrouse este domingo cun percorrido polo tramo “máis espectacular” para confirmar que a ruta consolida á cidade de Vigo dentro dos trazados xacobeos. Así o afirmaron a delegada territorial, Ana Ortiz, e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que encabezaron a andaina polo senda litoral e destacaron que o Camiño Portugués da Costa xa foi o segundo “máis concorrido” no meses de maio do presente ano, tan só por detrás do Francés. 

 Preto de 150 persoas partiron a primeira hora da mañá desde o mosteiro de Oia para cubrir os 15 quilómetros que discorren ata o casco urbano de Baiona, entre eles a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña. Os  participantes foron trasladados en autobús desde a Delegación Territorial en Vigo ata o punto de saída para completar unha andaina que vai paralela ao mar ata pasar Cabo Silleiro e ascender a Baredo para entrar no Val Miñor polas rúas baionesas. 

 O director de Turismo de Galicia apuntou que no que vai de ano, este camiño xa foi recorrido por preto de 36.000 peregrinos, o que supón un 20% máis que no mesmo período de 2024. Ademais, salientou o peso dos peregrinos internacionais nesta ruta que supón o 87% procedentes maioritariamente de países coma Alemaña e Estados Unidos. Neste sentido, Xosé Merelles destacou a aposta da Xunta pola mellora da seguridade dos peregrinos cun proxecto no que inviste 40M€ e que inclúe actuacións en 7 quilómetros dos Camiños Portugués e Portugués da Costa. 

 Pola súa banda, Ana Ortiz destacou a beleza do trazado e destacou os datos que apuntan a un importante aumento na afluencia de peregrinos. “A iniciativa serviunos para descubrir a beleza e fermosura do Camiño da Costa, difundir o seu auxe e animar a todos os camiñantes a que realicen a ruta”, sinalou. Ademais, a delegada territorial incidiu no “rotundo éxito” da convocatoria e reclamou que “aínda está sen sinalizar o percorrido por Vigo pese a que o alcalde comprometeuse a facelo hai un ano na reunión con Alfonso Rueda”. 

 Ortiz engadiu que “o Camiño da Costa é un dos nosos grandes patrimonios culturais e económicos, porque o Camiño tamén é patrimonio de todos os vigueses, cidade pola que pasaron en 2025 unha media de 300 peregrinos ao día”. A representante autonómica tamén lembrou que os “propios hostaleiros confirman que os peregrinos paran en Vigo varios días para coñecer a cidade e a comarca”. 

Percorrido 

 O percorrido comezou no Mosteiro de Oia para dirixirse ao norte pola estrada vella, cruzar o río Vilar, e facer parada na área recreativa de Pedra Rubia. O tramo continuou pola Ermida, nas Mariñas, onde case se pode tocar a auga do mar, e ascendeu o monte para gozar das vistas panorámicas en dirección a Baredo. A entrada en Baiona foi por San Antón e Santa Liberata, onde está tamén a Colexiata de Baiona. 

 Os peregrinos finalizaron a etapa na Oficina de Turismo, xunto á praia da Ribeira.  Na iniciativa colaboraron a Federación Provincial de Comerciantes, a Federación Empresarial de Turismo e Hostalería de Pontevedra, Amigos dos Pazos, Biscuits Galicia, Vodea, Coca-Cola e Gadis.

A GUARDA

RADIANTE CELEBRACIÓN DO DÍA DO SEÑOR  

• Con vistosas alfombras de frores e de sal, feitas con primor por mulleres, homes e nenos


Vista da alfombra da praza do Reló
Fotos: Infogauda
Vista parcial da alfombra realizada na praza de Ignacio Sobrino (antigamente praza da Fariña)
Vista dunha das alfombras realizadas na rúa Hernán Cortés
Vista parcial doutro tramo alfombrado da rúa Hernán Cortés
Vista da alfombra da praza de José María Lomba (antigamente O Terrado)
Vista da alfombra da rúa Malteses na zona do varadoiro
Alfombra realizada con sal mariña
Vista do comezo da alfombra do 1º tramo da rúa Concepción Arenal
Vista panorámica da alfombra do 1º tramo da rúa Concepción Arenal
Vista parcial da alfombra do 2º tramo da rúa Coneepción Arenal
Vista parcial da alfombra do 3º tramo da rúa Coneepción Arenal
   Lembranza de gratitude a Carmen Alonso Riego
Alfombra na rúa Brasilino Álvarez, en solidariedade co pobo palestino


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda   

 A celebración do Corpus Christi, na vila de A Guarda, e unha conmemoración cuxa devoción provén de tempos moi antigos, como o acreditan os documentos da Confraría do Santísimo Sacramento.   

 O Día do Señor - como adoitan decir ás persoas vencelladas ao traballo no mar - é máis que unha data variable no calendario, debido a que se trata dunha celebración do ciclo de Pascua. De feito, na comunidade guardesa existe, desde épocas inmemoriais, un vencello moi importante coa festividade do Corpus Christi. De tal xeito, que antigamente a figura da custodia - obxecto de ouro ou prata no que se expón a hostia consagrada á adoración dos fieis -, estaba representada nalgunhas portas de acceso as vivendas tradicionais dos pescadores, e mesmo na proa das gamelas, como símbolo de protección dos moradores das casas de familias mariñeiras e dos tripulantes desas embarcacións de pesca de baixura, que outrora foron tan importantes na frota artesanal de A Guarda.  

 Custodia, de gran tamaño, e de moitos anos de antigüidade, a que vén de ser restaurada, e que foi instalada, como é tradición, no Muelle Alto, do peirao guardés.  


Custodía instalada no Muelle Alto

 A devoción ao Santísimo arraigou de tal xeito, que desde fai moitas décadas á veciñanza vénse esmerando na organización (deseño, loxística, recolección, transporte e debullado dos materiais vexetais) e realización das alfombras de flores e de sal, na honra, precisamente de Cristo sacramentado.    

 É un labor que non se cingue tan soio a unhas semanas previas á festividade, xa que hai materiais que polas súas características deben recollerse cando é o momento propicio. Nalgún caso en concreto, entre decembro e abril. Iso conleva estar en modo activo para ir a procura dese producto, recolléndoo en días sen choiva,…, e adicarlle os coidados necesarios para evitar que se estrague. Todo iso, require dispoñer de medios humanos e de transporte, así como espazos axeitados onde gardalos.

 Coa chegada da primavera a biodiversidade da nosa contorna, e por extensión de toda Galicia, ofrécenos moitas posibilidades, ainda que non todos os anos se dan as mesmas circunstancias. Neste 2026, por exemplo, unha das plantas - neste caso de xardín - cuxas flores máis renden están no seu punto de floración. Na edición precedente estivo atrasada. Procurar outras flores alternativas, como por exemplo caraveis, conleva un considerable esforzo pecuniario.   

 Pero non soio hai moito traballo coa recollida das flores, senón que previamente hai que facer acopio do “verde”, dito así, xenéricamente, ainda que obviamente existen varios tipos.   

 En todo isto, un dos factores fundamentais é a man de obra. Non abundan persoas que aporten - altruísta e xenerosamente -, cada día, parte do seu tempo existencial. O relevo xeneracional, especialmente no que respecta aos traballos previos ao día D, ainda non está totalmente garantido. Temos que reiterar que todas as mans son poucas.    

 Por iso, confeccionar as alfombras de flores e de sal é - fundamentalmente - unha expresión de amor e de devoción ao Santísimo. E naqueles casos de persoas non crentes, a actitude é de admiración.     

 Non nos cansaremos de decir que teñen moitísimo mérito todas as persoas (nenas/os, mozas/os, mulleres e homes) que co seu esforzo e dedicación fan posible que a celebración do Santísimo Sacramento teña a beleza e a brillantez que se merece unha data tan especial.

 Árnica - cada vez menos abondosa nalgunhas zonas onde fai anos súa presenza era importante -, bagas de xesta, buxo, carozos de espiga de millo, follas de mimosa, cortiza de piñeiro, palla de centeo e de trigo, po de pionas de eucalipto, pampullos, tuia, hortensias, caraveis, flores de carrasca,..., son, entre outros – como o arroz, borros de café, labras de madeira, sal mariña,...-. os ingredientes que contribúen a dar cor a unhas obras que din moito, e ben, da calidade humana das persoas que as fixeron posible. E eiquí hai que valorar moi positivamente, tanto as persoas que foron as recoller os materiais, como as familias que nalgúns casos, os aportaron desinteresadamente. Son xestos que teñen moito valor.   

 Temos que salientar que este ano tamén foi realizada satisfactoriamente a alfombra de sal da Ribeira, na que se empregaron máis de 16 quintais de sal mariña grosa, que oportunamente foi tinguida de vivas cores.

 No referente aos motivos ornamentais das alfombras houbo moita variedade temática (criaturas mariñas, deseños xeométricos, motivos vexetais, pombas, vitrais,...). 

 Nesta edición mesmo houbo unha lembranza de gratitude a Carmen Alonso Riego. Asemade, persoas do Colectivo de Solidariedade con Palestina do Baixo Miño, realizaron unha alfombra en solidariedade co pobo de Gaza (Palestina), nun tramo da rúa Brasilino Álvarez Sobrino.

 Por outra banda, para realizar os diferentes tramos de alfombras, tendo en conta que á celebración eucarística comezou ás 17:30 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, houbo que axustar o cronograma a esa circunstancia. Por iso, a Asociación Cultural Alfombras da Guarda, deu as indicacións oportunas, respecto a hora de comezo do traballo de pintado dos deseños e de execución das alfombras.    

 Dese xeito, veciños e visitantes puidemos presenciar o proceso de realización das alfombras - e mesmo colaborar na súa materialización - e logo ter tempo para a súa contemplación devagar, así como para a participación - quen así o desexou - na celebración eucarística e na posterior procesión, organizadas pola parroquia de Santa María de A Guarda.   


Vista da procesión do Santísimo

A banda de música da Agrupación  Musical de A Guarda tamén participou na celebración eclesiástica

 A verdade é que ten moitísimo mérito todo canto lograron facer as nenas/os, mulleres e homes, de todas as idades, que con seu traballo na honra do Santísimo Sacramento, permitíronnos un desfrute colectivo da arte efémera e popular, entendida esta, como a xurdida do propio pobo.   

 É unha verdadeira satisfacción constatar, un ano máis, que grazas ao traballo de decenas de persoas, A Guarda brillase novamente na celebración do Día do Señor, e que milleiros de visitantes de diversas procedencias se achegasen a nosa vila e gozasen coas cores que a natureza nos brinda de xeito totalmente gratuíto, e coas creacións artísticas dos diferentes deseñadores.   

 Temos pois, moitas razóns para sentirnos ledos, con todo o que logra mobilizar á celebración da festividade do Santísimo Sacramento na nosa vila, na que incluso os peregrinos que na xornada de hoxe estaban realizando a inigualable ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa quedaron gratamente sorprendidos por este evento.

 Finalmente, temos que decir que logo da celebración eucarística na igrexa parroquial, saíu a solemne procesión, que percorreu o itinerario acostumado. Nela participaron o párroco Juan José González Estévez, acompañado do padre Vidal, da comunidade dos PP. Somascos, e doutro sacerdote - cuxa identidade descoñecemos -, así como do diácono permanente, José María Fernández Carrera; membros da sección da Adoración Nocturna, de A Guarda; o alcalde - flanqueado por dous maceiros da Deputación de Pontevedra - e membros da corporación municipal de A Guarda; representantes da Comandancia Naval do Miño; nenas/os que fixeron súa primeira comuñón, membros das diversas confrarías relixiosas, representantes de varios colectivos da localidade, a banda de música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta, e moitas persoas da nosa vila e súa contorna, e tamén procentes de diversas localidades do Alto Minho.   

 Como en edicións precedentes, no percorrido procesional, un grupo de coralistas cantou varios motetes e no intre de alzar a custodia co Santísimo Sacramento, a banda de música interpretou, alternativamente, o Himno de España e o Himno Galego.    

 Rematada á procesión, unha activa brigada de persoal municipal, procedeu á recoller todo o material empregado nas alfombras florais e de sal, que tantas - e merecidas - loanzas recibiron.   

 Parabens a todas as persoas que fixeron realidade as alfombras do Santísimo na vila de A Guarda. 

21 de xuño de 2025

TOMIÑO

O renovado pavillón da Carballa convértese en referente deportivo e educativo en Tomiño  

•  A reforma integral do espazo, xa rematada e cun investimento de preto de 400.000€, mellorou a eficiencia enerxética e a seguridade de usuarios e usuarias  


A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Deportes, Rubén García, no pavillón da Carballa
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O pavillón da Carballa dá un gran salto de calidade para converterse en referente deportivo e educativo de Tomiño. Tras unha profunda reforma integral, o Concello estrea unhas instalacións modernas adaptadas ás necesidades actuais dun pavillón empregado por centos de estudantes e deportistas, uns traballos de reforma que permitiron mellorar a súa funcionalidade e optimizar a súa eficiencia enerxética ofrecendo unha contorna máis sostible, cómoda e confortable para usuarios e usuarias. 

 A actuación, cun investimento de arredor de 400.000 euros, transformou por completo este espazo clave para o municipio. Os traballos incluíron a renovación do pavimento por un solo área elástico de madeira de faia, deseñado para a práctica deportiva, e a instalación de luminarias de baixo consumo e un marcador electrónico de última xeración. A renovación da cuberta permitiu solucionar de maneira definitiva os problemas de filtración e mellorar o illamento térmico do pavillón, alongando a súa vida útil e contribuíndo ao aforro enerxético. 

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amosouse satisfeita co resultado dunha obra longamente demandada pola comunidade educativa e deportiva do municipio. “Este proxecto reflicte o noso firme compromiso coa mellora das infraestruturas municipais e a prioridade que damos ao benestar das persoas. A reforma do pavillón da Carballa era unha demanda constante e hoxe xa temos a disposición de usuarios e usuarias un espazo completamente renovado e máis seguro”, recalcou. 

 Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Rubén García, destacou a importancia desta infraestrutura para a actividade deportiva e educativa do concello, xa que “a modernización do pavillón supón un antes e un despois para Tomiño. Gañamos en calidade, en eficiencia e en confort para todas e todos. É unha aposta clara por un deporte e unha educación de base en espazos seguros e adaptados aos tempos”. 

 A alcaldesa agradeceu ao IES Antón Alonso Ríos e a toda a comunidade educativa e deportiva a súa colaboración e comprensión durante as obras e reafirmou que esta intervención “consolida ao pavillón da Carballa como un espazo de referencia, preparado para responder ás demandas deportivas e educativas de todas e todos”. 

 Para facer posible esta importante reforma, o Concello captou fondos da Deputación de Pontevedra para cofinanciar as obras. Coa finalización destes traballos, Tomiño dá un paso máis no fortalecemento dos seus servizos e infraestruturas, reafirmando a importancia de investir no futuro e no benestar da súa veciñanza. 

OPINIÓN

ESCRITO CON RABIA, ODIO Y MIEDO




Manuel Vázquez de la Cruz

 La Iglesia católica española, la nacionalidad a lo largo de la historia le impuso maneras específicas y le dio hasta papas como Alejandro VI, es además en la historia de la humanidad una entidad llena de maldades inmensas que como organización iría, si fuera verdad lo que dicen, a la parte más profunda del infierno. Durante sus siglos de existencia fue gestora de muertes y guerras, de mentiras y enormes crímenes. Nunca, que yo sepa, han mostrado propósito de enmienda, dolor de corazón, y siempre han ocultado sus enormes pecados de siglos. Ahora en España han vuelto, o simplemente han mostrado, lo que nunca dejaron de ser, y han entrado en política otra vez en sus maneras de siglos. En su manera de entender la política. 

 La frase "Al César lo que es del César, y a Dios lo que es de Dios", deben pensar que fue una coña de Jesús de Nazaret.  

 Me repugnan los corruptos y los corruptores. Los de los M.Rajoy igual que los de ahora, pero los de ahora además me avergüenzan y llego al odio personal, a la inquina, a nada de nada de compadecer al delincuente: Siento odio por esa panda de malos bichos y por los corruptores que deberían tener idéntica pena. Ese delito de políticos, de un partido de izquierda, va contra todos los que pensamos que con la palabra y la conducta se puede cambiar el mundo. 

 Esos individuos han hecho mucho daño a muchos. Pero, conste, que nosotros, los que yo conozco, y son muchos, no somos para nada parecidos a ellos. Esos muchos seguiremos con la cabeza muy alta. Jodidos por esa panda y exigiendo que se haga justicia con corruptos y corruptores. Y que se tomen las medidas precisas para que nunca más vuelva a suceder. 

 Escribo como hombre de izquierdas. Sí, ya sé que lo sabíais. Orgullosamente de izquierdas.

 Seguiremos luchando para que ningún niño en el mundo muera de hambre y que nunca vuelva a pasar lo que esta sucediendo en Palestina y en muchos otros sitios. O aquí al lado. 

 Siempre. Y también siempre, con nuestro ¡NO A LA GUERRA! 

 No como hace la iglesia católica y su hipocresía de siempre. 

 Jesús de  Nazaret, aquel hombre bueno que echó del templo a los fariseos, no pudo impedir que algunos volvieran, y desde siempre, o casi, parece que mandan en la Iglesia que montaron en su nombre.  

 Ellos se meten donde no deben. Yo como persona que he sufrido su poder durante el nacionalcatolicismo, con sus infiernos, sus pecados de todo, sus rosarios en familia, sus cuaresmas por decreto, sus preceptos obligatorios, sus bulas para poder comer carne, sus otras cosas que solo sufrieron otros y otras, puedo meterme en su historia y basándome en ella pedirles que tengan la decencia de estar calladitos. 

 Ellos, cuando mandaron un poco menos que ahora, jamás pidieron que se celebraran elecciones. Nonsí? 

 Y uno le parece que el mundo, los grandes jerarcas que lo mandan, lo están desquiciando. Y otra vez están pensando, en que la guerra es su gran negocio. Da miedo pensar que alguno de ellos tiene el poder de apretar el botón nuclear o algo cercano. 

 Y para empezar hacen que lo horrendo que está sucediendo en Gaza, el genocidio de un pueblo, sea visto con naturalidad. Incluso algunas gentes que montan un “cristo”, me parece la palabra adecuada, por un nadiña. 

 Valga de ejemplo como todos aquellos que dieron una enorme importancia a que Sánchez se tomara unos días para decidir lo que iba a hacer en una decisión consigo mismo, sin abandonar su trabajo de Presidente de Gobierno, ahora ven normal que el hombre que maneja el Imperio, como si el mundo fuera suyo, anuncie como un idiota (que miedo debería dar al mundo entero) que se toma quince día para pensar si debe iniciar una guerra contra un país en el que viven millones de personas. No son los días que toma lo que importa. Es lo que quiere hacer lo que debía aterrarnos, porque puede provocar un conflicto de millones de víctimas. El es así. 

 Gaza, el genocidio del pueblo palestino, los miles de muertos, de niños sin padres y de padres sin hijos, ya no les llega a las nuevas formas de nazismo con la cruz gamada y la estrella de David, unidas en asesinatos. No se sabe muy bien si están sedientas de sangre o solo quieren ganar más dinero vendiendo utensilios de matar. 

 De este individuo, el Presidente de los “úsanos”, ridículo, putero como Ábalos, loco como Hitler y Milei, mal hablado y mal educado, niño de pocas luces y consentido, de seguir así, no nos salva de una guerra tremenda ni el Dios del pueblo elegido.

 A veces da la impresión que desde sus medios, el fascismo, nazismo y sionismo están preparándonos para lo peor. 

 Todo empezó en Gaza, dirán los que queden para contarlo, donde el pueblo elegido por Dios - dicen ellos -, masacró a miles y bombardeó Irán. 

 Un sionista, un puede que nazi y una Unión Europea mirando para otro lado... 

 Y, claro, quizás hubo algo parecido al hundimiento de El Caine. Uno lo piensa..., y dice: quizás.

CULTURA

Rueda reivindica o papel de Galicia como referente cultural internacional na inauguración da 32ª Bienal de Pontevedra 

•  O certame, que regresa tras 15 anos de paréntese, celébrase baixo o lema ‘Volver ser humanos...ante a dor dos demais’ 

•  Durante os próximos meses, 60 artistas galegos e internacionais presentarán os seus traballos na cita, con temáticas que abordan desde os conflitos bélicos ata o cambio climático


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na apertura da 32ª edición da Bienal de Arte de Pontevedra

Fotos: X.G.


Infogauda / Pontevedra 

 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na apertura da 32ª edición da Bienal de Arte de Pontevedra, sinalando que o evento supón o regreso dun importante espazo de encontro artístico e de reflexión colectiva para Pontevedra e Galicia. “Había que atreverse, ter unha ilusión e rodearse dos mellores para poder facelo e aquí temos o resultado”, afirmou. Rueda explicou que a Bienal pretende transformar a cultura nun espazo vivo, de interrogación e de reivindicación. O encontro, que volve tras 15 anos de paréntese, regresa baixo o lema Volver ser humanos...ante a dor dos demais, unha chamada á responsabilidade, á empatía e ao pensamento. 


Un momento da visita a unha das exposicións da 32ª edición da Bienal de Arte de Pontevedra

 Nesta edición, exporanse ata o 30 de setembro o traballo de 60 artistas galegos e internacionais, cuxas obras abordan temas como os conflitos bélicos, as migracións masivas ou o cambio climático, con proxectos que apelan á emoción e á reflexión colectiva. 

 O presidente insistiu en que Pontevedra se converterá nun centro de gravidade cultural durante os meses de celebración da Bienal, que integra no seu programa o Museo de Pontevedra, o Convento de Santa Clara ou a Illa das Esculturas, ademais da programación de intervencións urbanas, concertos, conferencias e mesas de diálogo. “Esta Bienal tivo moitísima potencia, colocou a Pontevedra no mapa da arte a nivel nacional, europea e probablemente, que imos camiño diso, mundial”, declarou. 

 Tamén destacou a aposta pola extensión de Bienal a outras localidades como Vigo, Sanxenxo, O Grove ou Ponteareas, en liña cos obxectivos a da Lei cultura inclusiva e accesible de Galicia, que promove levar a cultura a todas as persoas e lugares. 

 En canto aos antecedentes históricos da Bienal, é considerada a máis antiga de España no seu formato, co seu inicio en 1969 e unha traxectoria internacional que inclúe exposicións na Bienal de Venecia. Este historial xustifica o prestixio recuperado coa súa volta. 

 O titular do Goberno galego manifestou o compromiso da Xunta por estar presente nos espazos de creación e innovación, colaborando activamente coa Bienal pola súa capacidade de proxectar Galicia internacionalmente, contribuír á construción e cohesión social a través da cultura como ferramenta transformadora e de diálogo e dinamizar o turismo e a economía. 

 “É un orgullo para todos que, cando digamos que somos de Pontevedra, se diga que aí foi onde se recuperou unha Bienal que probablemente nunca debeu perderse e que volve con todo o seu esplendor”, finalizou.

PONTEVEDRA

A Deputación recomenda manter a vixilancia nas viñas e aplicar medidas fronte o mildio, o oídio e a botrite, incluso nas que xa recibiron tratamento 

• Dentro do plan de control da Scaphoideus titanus, o vector da flavescencia dourada, lémbrase que é necesario aplicar xa o tratamento insecticida nalgunhas zonas da provincia


Vista parcial de plantas testemuña na Estación Fitopatolóxica do Areeiro
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra 

 A Deputación de Pontevedra, a través do novo aviso sanitario do persoal técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, aconsella manter o nivel de vixilancia nas viñas ante o mildio, o oídio e a botrite debido ás previsións climatolóxicas e ao aumento da humidade no ambiente, aínda que estas estean protexidas por un tratamento anterior. A recomendación recae especialmente nos predios nos que xa houbo infección, sendo preciso tomar todas as medidas de control dispoñibles para reducila: produtos funxicidas, ventilación dos acios, control da lonxitude dos pampos, eliminación de netos e roza da vexetación. En canto as ninfas de Scaphoideus titanus, o vector da flavescencia dourada, non se experimentou un incremento nas súas capturas nin no seu desenvolvemento, pero recórdase que nalgunhas zonas da provincia nos próximos días haberá que aplicar os insecticidas aconsellados pola autoridade competente. 

 O persoal de Areeiro segue a notar certa variabilidade nas viñas, atopándose vides con acios menos desenvolvidos e outros con corremento, maila existir un aumento maior no tamaño da uva como consecuencia das altas temperaturas dos días pasados, sobre todo nos predios que están máis adiantados. Ante a previsión de xornadas máis frías, é preciso permanecer alerta e empregar produtos fitosanitarios no que se refire a novos síntomas de black rot, pois as temperaturas previstas de 27-28ºC favorecen a proliferación deste fungo. 

 Por outra banda,  en canto as avelaíñas do acio, capturáronse os primeiros adultos de Lobesia botrana, aínda que nun número moi baixo. Maior importancia ten o incremento de acariose nas viñas e de plantas que colapsan por enfermidades de madeira tralas temperaturas extremas. Tamén insectos como o escaravello da pataca ou a avelaíña do tomate Tuta absoluta requiriron vixilancia, pero no caso das plantas de horta hai que prestar máis atención ao mildio e renovar os tratamentos para evitar posibles danos. 

 O aviso fitosanitario inclúe observacións sobre o moteado da maceira, xa que é conveniente renovar a protección en variedades do froito especialmente sensibles, a pesar de que as condicións meteorolóxicas non favorecen a infección. Así mesmo, aconsella manter a vixilancia ante a captura de oito novos machos da Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo), novas postas e eirugas máis desenvolvidas.

DEPORTES

 


O ROSAL

Bando: Uso responsable e racional da auga 


Foto: C.O.R.

Concello do Rosal

 Ante o crecente consumo de auga da traída municipal, que actualmente duplica o consumo habitual, e a fin de evitar situacións que poñan en risco o abastecemento de auga potable a toda a cidadanía, faise un chamamento a todos os veciños e veciñas do Concello do Rosal para que fagan un uso responsable e racional da auga.  

 Neste sentido, prégase a tódolos cidadáns que fagan o esforzo de restrinxir o consumo da auga a usos exclusivamente domésticos (necesidades primarias da vida, preparación de alimentos e hixiene persoal).  

 De proseguir co ritmo actual de consumo, este concello verase na obriga de establecer medidas máis restritivas a curto prazo.   

BANDO COMPLETO

DEPORTES

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DO CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS




 De conformidade co disposto nos artigos 14 e 17 dos vixentes estatutos do Club Balonmán Atlético Guardés, convócase aos señores socios á Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro sábado día 12 de xullo de 2025 ás 12:00 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 horas en segunda convocatoria no Pavillón de A Sangriña, coa seguinte orde do día: 

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 

2.- Informe Económico e deportivo da tempada 2024-2025. 

3.- Orzamento económico 2025/2026. 

4.- Situación económica actual. 

5.- Rogos e preguntas. 

 Na Guarda ás 21,45 horas do dia 14 de Xuño do 2024. 

 De conformidade co disposto nos artigos 14 e 17 do Club Balonmán Atlético Guardés 

Vº e pr.  

Presidente 

Jesús López González 

Secretario 

Julio Capón Carrera

TUI

O PP DE TUI REVELA QUE A REFORMA DA PISCINA TIÑA UN 100% DE ACHEGA DA DEPUTACIÓN EN 2022, SEN PRECISAR DUN PECHE NO VERÁN, E ESIXE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS AO ALCALDE 

•  Os populares revelan que no ano 2022 Tui tiña asignados 322.828,05 euros do organismo provincial para executar esta actuación a custo cero, sen impacto para as arcas municipais e cunha previsión de execución posterior ao verán, o que permitiría a reapertura antes de xullo de 2023. 

•  “Estamos ante unha xestión nefasta que non pode quedar sen consecuencias, xa que estaba todo feito, incluso culminada a contratación, e desbotouse mentres que agora estaremos todo o verán sen piscinas”, advirte Nico Montes 


Piscinas municipais de Tui
Foto: Cedida (arquivo)

Infogauda / Tui

 O grupo municipal do PP de Tui vén de denunciar a “neglixente xestión” do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do goberno socialista no proxecto de reforma das piscinas municipais, que actualmente está en marcha e que van permanecer clausuradas durante todo o verán cos conseguintes prexuízos para os veciños. 

 Os populares revelaron que “no ano 2022 Tui tiña asignados 322.828,05 euros ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para executar esta actuación, o que supoñía que non tería ningún custe para as arcas municipais e ademais as obras estaban programadas para despois de verán, e dado o seu prazo duns oito meses, podería reabrir antes de xullo de 2023. 

 Hoxe, tres anos despois, o Concello executa a mesma obra cun orzamento de 349.989 euros, dos que están subvencionados cunha achega insuficiente do Goberno de España de só 188.598, sendo o resto asumido con fondos propios mediante un crédito extraordinario, e cuns prazos de execución moi apretados que obrigan a pechar as piscinas durante o verán”. 

 “É unha mostra clamorosa de mala xestión: perdemos unha oportunidade única de facer esta obra sen coste e sen impacto, e acabamos pagando máis de 160.000 euros e pechando as piscinas durante os únicos meses nos que se utilizan”, denuncia o voceiro do PP, Nico Montes. 

 Por todo elo, desde o PP tudense queren que o rexedor e o goberno socialista dean explicacións pola renuncia do proxecto de hai tres anos e, chegado o caso, que se depuren as responsabilidades políticas “porque se non había outra maneira de facela, pois ata se podería entender, pero dado que houbo unha oportunidade clara non pode ser que, por un capricho, esteamos todo o verán sen as piscinas”. 

 Desde o PP tamén lembran que o peche da instalación non só afecta aos usuarios habituais, senón que obriga a reorganizar por completo os campamentos de verán que contaban coa piscina como parte esencial das súas actividades. “Falamos de centos de nenos e nenas que este ano quedarán sen esta alternativa de lecer e convivencia. Todo por unha decisión política desacertada que non ten xustificación posible”, engade Montes.

20 de xuño de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Noite de San Xoán: o vencello entre prehistoria e contemporaneidade

•  Rego de Bicosán e a Comunidade de Montes de Camposancos organizan esa celebración,  o luns 23 de xuño, ás 21:00h, na Casa da Comunidade de Montes





Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos

 O solsticio de verán de 2025 será este sábado 21 de xuño, ás 02:41 hora peninsular española, segundo o Observatorio Astronómico Nacional. Nesa data será o inicio oficial do verán no hemisferio norte e tamén é o día máis longo do ano. 

 Vencellado as celebracións solsticiais e ao culto ao lume, situamos a orixe pagana - visto desde unha perspectiva cristiá - da celebración da festividade de san Xoán Bautista - cuxo nacemento celébrase o 24 de xuño -, e que en Galicia, desde tempos inmemoriais, concentra unha gran diversidade de ritos ancestrais.

 Cacharelas ou fogueiras - como adoitamos decirmos nesta contorna -, a realizar nos lugares indicados, e previa á autorización administrativa correspondente - así é nestas alturas do s. XXI -, convidan á cidadanía a participar na noite do 23 de xuño nunha celebración que vencella a prehistoria coa contemporaneidade.

 En Camposancos, por iniciativa da Asociación Cultural Rego de Bicosán e da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, á celebración será na casa da devandita comunidade. Dese xeito, na noite de san Xoán, non faltará á cacharela, nin a tradición de saltar por riba das lapas - como rito purificador e de protección contra as más influenzas - co engado de estarmos entre persoas amigas e veciñas 

 Da animación musical ocuparanse os compoñentes do grupo Lirolai.

 Asemade, trala oportuna recollida - na tarde do 23 de xuño, antes de que caia á noite -,  das herbas de san Xoán -fiuncho, follas e flores de limoeiro ou de laranxeira, herba luisa, herba de san Xoán, hortelá, lingua de ovella, macela, malvas, ourego, romeu, ruda,...-, e tamén, quen o desexe, pétalos de caraveis, roseiras,...; nesa noite porémolas a macerar en auga de sete fontes distintas, e déixanse ao aire libre durante as horas comprendidas entre o solpor e o abrente, para que absorban o resío e a maxia da noite. E na mañá de san Xoán, lavaremos a cara e as mans coa flor da auga, de propiedades purificadoras. 

 Hai moitas tradicións arredor da noite de san Xoán. Un bo xeito de que non se perdan ao longo do tempo é que as persoas veteranas de cada familia ou de cada aldea, transmitan ás novas xeracións todo aquilo que vén de tempos moi antigos. E a celebración que organiza a asociación Rego de Vicosán e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, tamén pode propiciar esa transmisión de coñecementos.