22 de xan. de 2017

A GUARDA

OS CONTEXTOS DO COSTIÑA



Proxecto Socheo / A Guarda


 O Costiña realizou os seus filmes entre 1926 e 1929, no segundo lustro da década dos 20. Un período de incerteza política que vai entre a I Guerra Mundial e a II Guerra Mundial. Un tempo inestable tanto económico como socialmente que alumeará un gran desenvolvemento cultural coas chamadas vangardas históricas. Unha época que recibirá o sobrenome dos “felices anos 20”. Unhas expectativas que se precipitaron sobre o abismo coa crise do Crack do 29. En España a década estivo marcada pola impopular Guerra do Rif (1911-1927) que fixo minguar a posición colonial española e o sometemento de liberdades coa ditadura de Primo de Ribera (1923-1930). En Galicia se consolida o resurxir do nacionalismo tras o nacemento das Irmandades da Fala e da Xeneración Nós e se empeza a contemplar a modernización de Galicia por medio dunha clase dirixente formada por intelectuais, empresarios e indianos. Na Guarda esta situación se consolida coa Sociedade Pro-Monte e as numerosas obras civís promovidas polo goberno (espigón do porto) e polos retornados da emigración (Centro de Saúde, escolas, fontes).
Preguntas e respostas:
Que grande obra se pode seguir cos filmes do Costiña?
A casa do Costiña estaba en Mazaracos e en varias perspectivas sae rexistrado como se estaba facendo o espigón sobre A Fosella para chegar até O Balueiro.
Segundos os filmes do Costiña cal eran os sectores económicos máis importantes da Guarda nos anos 20?
Podemos ver como a base da economía ou mellor dito o maior número dos habitantes da Guarda se dedicaban á pesca. Un excedente de man de obra que fai pensar nas condicións de vida e nos aportes migratorios. Mais como observamos na casa do Costiña sempre se compaxinaba con aportes agropecuarios onde destacaba o cultivo de patacas e a crianza de gando. Por outro lado tamén se fai supoñer que toda esta explotación fai supor a presenza dunha comercialización polo que habería un sector de dedicado á comercialización e a dar servizos. Neste ultimo grupo tamén estaría englobado o propio Costiña coa súa actividade como fotógrafo.
Cales eran as forzas motoras das distintas embarcacións que aparecen nos filmes?
Nas imaxes se poden identificar distintos tipos de embarcación que aparecen definidas pola súa forza motora: vemos gamelas impulsadas a remo e a vela e tamén barcos, tanto de pesca como de viaxeiros, con motores de carbón. Asistimos a un momento onde conviven distintas tecnoloxías aplicadas aos medios de transporte, unha máis tradicional e outra máis moderna.
Que festas aparecen nos filmes do Costiña?
Identifícanse dúas festas da Guarda: a festa da Guía e a de Santa Trega. O indicio que nos leva a recoñecelas é polas presenzas das figuras da virxe e da santa nas súas respectivas procesións. Nestas imaxes podemos ver como eran citas da comunidade, os seus ritos, a afluencia de devotos e o diverso status social da xente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario