24 de xan. de 2017

CAMPOSANCOS

"PRANTA UNHA ÁRBORE, PRANTA FUTURO", LEMA DA COMUNIDADE DE MONTES EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS

José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Baixo o lema "Pranta unha arbore, pranta futuro", os próximos mércores e xoves, días 25 e 26 de xaneiro, na zona de Chans, do Monte Santa Trega, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, en colaboración co colexio publico A Sangriña, farán unha plantación de douscentos árbores nobles.

 Segundo afirmou José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos, "se plantarán 60 castiñeiros, 50 nogueiras, 50 cerdeiras, 25 sobreiros, 20 aciñeiras e 5 almendros.

 Tamén prantaremos 12 castiñeiros para sombra nas mesas do parque de Chans.

  Será unha clase didactica e práctica, na que deixarán, repoboada e posta en valor, esa zoa que non fai mais que cinco meses se estaba a convertir en unha selva de acacias. Admítense voluntarios que queiran axudar os cativos". 

 José Fernando Martínez dixo tamén: "Haberá unha charla coloquio para que os rapaces poidan empezar a concienciarse do que é unha comunidade de montes, para que é, e o seu porqué".

Ningún comentario:

Publicar un comentario