24 de xan. de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

Nova concentración solidaria en Vigo cos activistas saharauís xulgados por Marrocos 

Ducias de persoas reclaman a anulación das condenas e a súa posta en liberdade

Ducias de solidarios/as participaron onte en Vigo nunha nova concentración de apoio aos activistas saharauis
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Ducias de solidarios/as participaron onte en Vigo nunha nova concentración de apoio aos activistas saharauis que van ser xulgados outra vez por Marrocos. As organizacións convocantes da mobilización que se desenvolveu diante do Marco de 12:00 a 12:30 horas reclaman a anulación das condenas e a posta en liberdade destes presos políticos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario