23 de xan. de 2017

VIGO

CIG-SAÚDE DENUNCIA QUE O NOVO HOSPITAL ÁVARO CUNQUEIRO ATÓPASE EN SITUACIÓN DEFICITARIA



 CIG-Saúde denuncia, como xa o fixo en semanas anteriores, que o novo Hospital Álvaro Cunqueiro atopase en situación deficitaria no número de camas dispoñibles ante a imposibilidade de seguir desdobrando habitacións pola falta dun stock suficiente, o que deriva en que un gran número de pacientes teñan que ser ingresados en plantas alleas a súa patoloxía (pacientes periféricos). Este feito mostra a realidade dun centro que naceu cun gran recorte no número de habitacións dispoñibles facendo na realidade imposible xeneralizar as habitacións individuais nos momentos de máis ingresos e, o que aínda é máis grave, sendo irreal a previsión de desdobramento destas ao non dispor dun stock suficiente para facelo. 

 Instamos á xerencia que nos mostre onde está escondido dito stock de camas xa que nos consta que non existe. 

 Mentres tanto no Meixoeiro continúan pechadas tres alas que esperemos en breve se vaian usando ao realizar intervencións de maior complexidad como CIG Saúde lle viña demandando ao SERGAS. 

 Sorpréndenos gratamente que o xerente rectifique no papel que debe xogar o Hospital Meixoeiro e o dote dunha verdadeira unidade de críticos  para que poda xogar o papel transcedental que lle viñamos esixindo ao xerente Felix Rubiale que reiteradamente negaba chamándonos “irrealistas” ou “inxenuos”. Alegrámonos da súa rectificación pública, en gran parte forzada pola mobilización do persoal e cidadanía.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario