21 de mar. de 2017

A GUARDA

O PLENO DO PADROADO MUNICIPAL "MONTE SANTA TREGA" ABORDARÁ UNHA PROPOSTA DE ACTUACIÓN NO TREGA, DE MÁIS DE 200.000 EUROS

Vista parcial do poboado castrexo do monte Santa Trega (A Guarda)
Foto: Infogauda

José Fernando Martínez Martínez / A Guarda

 Mañá mércores día 22 de marzo, ás 8:30 da mañá reúnese o pleno do Padroado Municipal "Monte Santa Trega" para aprobar ou rexeitar, unha proposta de actuación no monte Trega.  

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, acompañados pola representante do PP na Guarda, Conchi Ortega Martínez, mantivemos unha xuntanza coa Directora de Turismo na Xunta de Galicia, Nava Castro, para falar da posibilidade de facer un investimento no monte Santa Trega. Nava Castro nos informou que hai un orzamento de 200.000,00 € agardando que se presente algún proxecto donde investilos, coa condición de que sexa neste este ano 2017. Nava Castro nos dirixiu a Delegada de Turismo en Pontevedra para que lle fixésemos algunha proposta e en uns días nos recibiu e lle plantexamos a posibilidade de facer unha actuación na "Casa Forestal" e no seu entorno.  

 A xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos informamos o presidente do Padroado das xestións e nos fai a proposta de que esa inversión estaría mellor empregada na porta de entrada "Porta do Trega", xa que as comunidades de montes habíamos pedido a súa modernización e que o arquitecto Mauro Lomba Martínez xa estaba redactando un anteproxecto, tal como habíamos acordado en comisión de goberno do Padroado, e aceptamos, porque entendemos que a pesar de que a actuación a realizar está en chan da comunidade de A Guarda e mui necesaria esta obra.  

 A comunidade de Camposancas é xenerosa. Agardamos esa misma sensibilidade dos demais compoñentes do pleno do Padroado. En xogo hai 200.000,00 €.  

 O proxecto consiste en dotar a estrada de acceso o monte Santa Trega, no tramo da caseta de cobro, de tres carriles . Dous de subida - un para os visitantes que pagan, outro para os servicios do monte -, e outro de baixada. Se instalarán tres casetas. Unha na estrada e dúas no sendeiro peonil próximo. Estas casetas estarán unidas por unha plataforma metálica elevada, suspendida en columnas redondas imitando árbores para integrala na contorna. A lámina ou plataforma, será de 110 metros de largo por 2 de ancho e 2 ou 3 centímetros de grosor.  

 Quero deixar claro que esta inversión non a fai ningunha comunidade de montes. Quen a fará, si se aproba, será o Padroado Municipal Monte Sta. Trega, que ademais se terá que facer cargo da demasía, xa que o custe deste proxecto ronda inicialmente os 250.000 €.

Ningún comentario:

Publicar un comentario