TURISMO
A Semana Santa na Guarda amosou uns resultados excelentes
Algúns dos establecementos indicaron que dende o martes o traballo foi continuo como nas mellores semanas de agosto
Máis de 11.000 persoas visitaron o Monte Santa Trega dende o martes ao domingo
Fotos: O.T.M.
Oficina de Turismo Municipal / A Guarda
Pasada a semana santa e unha vez coñecidos os datos recollidos pódese
afirmar que A Guarda tivo unha excelente afluencia de visitantes e turistas
durante esas datas.
Máis de 11.000 persoas visitaron o Monte Santa
Trega dende o martes ao domingo. Outro aspecto
a destacar é que en tan só 3 días máis
de 500 persoas realizaron unha visita guiada ao Castro de Santa Trega
polo que puideron coñecer con profundidade o noso castro grazas as explicacións
do guía. O número de persoas que accederon ao monte e aquelas que fixeron a
visitas guiadas ao castro tiveron un incremento do 30% con respecto ao ano
anterior. Con motivo do centenario do MASAT tamén se organizaron visitas
guiadas no Museo Arqueolóxico de Santa Trega de martes a sábado con 215
persoas. O resultado foi positivo xa que os visitantes cada vez amosan un maior
interese en coñecer o monte e o museo.
As visitas guiadas no xacemento galaico - romano do Monte Santa Trega, tiveron novamente unha magnífica acollida
En canto aos datos recollidos no
punto de información turística habilitado no MASAT, Museo Arqueolóxico
de Santa Trega, se atenderon a 254 persoas en 100 consultas referidas ao
castro e ao monte en xeral, que visitar na Guarda e os arredores. Madrid e
Castela León son as procedencias máis
destacada aínda que tamén houbo
consultas de estranxeiros: Portugal, Francia, Alemaña, EEUU e Xapón. Sen
esquecerse de galegos, do interior como Ourense ou Lugo. Aínda que foron
numerosos os visitantes de contorna e da provincia de Pontevedra.
Visitantes accedendo pola Porta da Vila, á Fortaleza de Santa Cruz (A Guarda)
Outra
novidade da semana santa foron as visitas
guiadas ao casco histórico da Guarda. Estas visitas tiveron unha boa
acollida, xa que unhas 80 persoas percorreron as nosas rúas e prazas comezando no porto pesqueiro, continuando en dirección ao casco antigo e
seguir ata a Fortaleza de Santa Cruz e regreso de novo ao porto.
Grupo de persoas participando nunha das visitas guiadas polo casco histórico da vila de A Guarda
Segundo a enquisa
realizada aos establecementos
hoteleiros da Guarda a ocupación foi moi positiva comparando con anos
anteriores. Algúns propietarios indicaron que tiveron unha ocupación do 75 % e
outros acadaron o 100 % da ocupación. Consultados os restaurantes tamén trasladaron que esta semana santa tamén foi moi
positiva e que non recordan outra similar con moitos clientes dende a fin de
semana anterior. Algúns dos establecementos indicaron que dende o martes o
traballo foi continuo como nas mellores semanas de agosto. Outro indicou que
non puideron atender a toda a demanda que se achegou.
A combinación de bo tempo, o importante
patrimonio e a excelente gastronomía demostrou que A Guarda continúa a ser un
dos destinos máis visitados de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario