3 de abr. de 2017

GOIÁN

CINEMA

O Cineclub Poleiro proxecta a película tailandesa Cementery of Splendour 

O xoves, 6 de abril, ás 21:30 h., no Auditorio de Goián


Rita Alonso / Goián

 O xoves, 6 de abril,  ás 21:30 h., o cineclub Poleiro, proxecta no auditorio de Goián, Cementery of Splendour, un drama de tintes fantásticos e surrealista dirixido polo tailandés Apichatpong Weerasethakul sobre unha extraña enfermidade que afecta aos soldados.   

 É a sétima película deste director, produtor e guionista de cine independente tailandés galardonado coa Palma de Oro de Cannes en 2010 por “El tío Boonmee que recuerda sus vidas pasadas”.     

Sinopse: Unha solitaria ama de casa de mediana idade atende a un soldado coa enfermidade do sono, caendo en alucinacións que desencadean sonos extraños, fantasmas e romances.  

Críticas: “Ainda que lle falte a (…) euforia das mellores obras do cineasta, non por eso está menos chea de beleza. Humor e unha silenciosa e abrumadora emoción. Justin Chang / Variety.  

 O xoves, 4 de maio pecha o ciclo a francesa Mustang, dirixida por Deniz Gamze. Un drama contra a sinrazón da relixión, ambientada en Turquía.       

 O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario