19 de xuño de 2017

TURISMO

O alcalde de A Guarda recolleu as Bandeiras Azuis que ondearán este verán nas praias guardesas 

O Concello de A Guarda recibiu as dúas Bandeiras que volverán a ondear este verán nas praias de Area Grande e O Forte (Camposancos), e o distintivo de Sendeiro Azul concedido a senda que une as dúas praias de Bandeira Azul

O alcalde de A Guarda - na imaxe o segundo pola dereita - xunto cos demais alcaldes dos 37 concellos galegos galardoados coas 113 bandeiras azuis que a ADEAC outorgoulle as praias galegas neste 2017
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Hoxe tivo lugar no Monte Real Club de Yates de Baiona o acto de entrega de Bandera Azul as praias, sendeiros, portos e centros distinguidos con este recoñecidos con este galardón que celebra o seu 30 aniversario. 

 O Concello de A Guarda recibiu as dúas Bandeiras que volverán a ondear este verán nas praias de Area Grande e O Forte (Camposancos), e o distintivo de Sendeiro Azul concedido a senda que une as dúas praias de Bandeira Azul. No acto estiveron presentes o alcalde, Antonio Lomba Baz quen recolleu os distintivos e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez.  

 Ao sinxelo acto asistiron diversas autoridades como o presidente da Xunta, o Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva; a Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato; o Alcalde de Baiona, Ángel Rodal; e o Presidente de ADEAC, José Ramón Sánchez, entre outras autoridades. 

 Tamén estiveron presentes os representantes dos restantes 37 concellos galegos galardoados coas 113 bandeiras azuis que a ADEAC outorgoulle as praias galegas neste 2017.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

¡Que ben! Temos un alcalde que rie moito... anunciando dentífrico sería o mellor!. Está ben o das bandeiras , pero non debería olvidar o resto da Guarda, o que non son praias,como as aceras, os camiños, as entradas dos barrios de Salcidos, Camposancos, O castro etc...e unha morea de cousas as que non lle fae falta bandeira pero sí un coidados que fae anos que non teñen.Non todo é sair nas fotos!

Anónimo dixo...

Temos bandeiras azuis para as praias, iso está ben , pero ¿cando imos ter un pabellón para que os nosos deportistas (que son moitos é moi bos) poidan xogar e non teñan que pedir prestados os dos pobos veciños?. E... ¿cando teremos un auditorio?. Concellos menos importantes que o noso teñen todo iso ¿Porqué nos no?.

Anónimo dixo...

Es estupendo que tengamos playas límpias, bonitas e importantes, pero la villa debería estar acorde con ellas ... y su limpieza deja mucho que desear.