7 de ago. de 2017

A GUARDA

EXFIMIÑO 2017 REUNIRÁ ÁS MELLORES COLECCIONS FILATÉLICAS DE GALICIA          

Terá lugar na Casa dos Alonso, do 4 ao 10 de setembro
                  

                                           
Teo González / A Guarda


 A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa pretende celebrar a exposición filatélica EXFIMIÑO 2017, nas instalacións da Casa dos Alonso,  do 4 ao 10 de setembro do presente ano. 

 Este ano e a nosa intención reunir en A Guarda as mellores coleccións de Galicia.    

 O día 4 luns, será a inauguración. Correos porá en circulación un carimbo especial, este ano celebramos o 50 Aniversario da primeira EXFIMIÑO.    

PROGRAMA A DESENROLAR         

1.- En total participarán sobre unhas 42 coleccións que amosarán o mellor da filatelia actual de Galicia, para ser exhibidas nunhas 100 vitrinas expositoras.  

2.- A Dirección Xeral de Correos e Telégrafos disporá durante a exposición, de unha estafeta temporal e de un carimbo conmemorativo da Mostra e un selo personalizado, que circularán por todo o mundo, mentres dura a exposición, co nome de A Guarda.     

3.- Será editado un catálogo xeral da exposición coa relación dos expositores e artigos especializados sobre filatelia e numismática en xeral, que nos amosarán o saber e a investigación dos seus autores.   

4.- Estará aberta unha escola taller dirixida por un monitor da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, que impartirá ensino e coñecemento filatélico para nenos e mozos en idade escolar, e afeccionados a filatelia que así o desexen, ademais de visitas guiadas á devandita exposición. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario