16 de ago. de 2017

TOMIÑO

A V FESTA DAS ASOCIACIÓNS DE TOMIÑO TERÁ LUGAR ESTE FIN DE SEMANA 

Cun programa moi completo 


Lorena Quinteiro / Tomiño

 A Asociación de Comerciantes de Tomiño (ADETO) organiza a V Festa das Asociacións de Tomiño.   

PROGRAMA DE ACTIVIDADES 

SÁBADO 19: 

 A partir das 10.30 h.: 

Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía. 
Exposición das Asociacións de Tomiño. 
Exposición de Somosarte no Mercado.  
De 11.30 a 13.30 h e de 18:00 a 20:00 h. – Rúa A Guarda. 
Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla De 20.30 a 21.45 h – Praza do Seixo. 
Festival de Floclore infantil da Asociación Cultural Virxe do Alivio. 
De 21 a 1.00 h. – Praza do Seixo. 
Barbería solidaria. 
De 22 h a 23.30 h. – Praza do Seixo. 
Master class de zumba. 
De 24 h. ata remate – Praza do Seixo. 
Actuación do Duo Folk-Pop-Tango A Viola.   

DOMINGO 20: 

A partir das 10.30 h: 
Apertura da Feira de Oportunidades e artesanía 
Exposición das Asociacións de Tomiño. 
•      .Exposición de Somosarte no Mercado.   
De 11.00 a 19.00 h. – Praza da Mina. 
Concurso de Dibuxo e pintura ó aire libre organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro de Tomiño (ás 20 h. realizarán a entrega de premios)  De 11.30 a 13.30 h. e de 18:00 a 20:00 h. – Rúa A Guarda. 
Actividades para os nenos organizadas por Festa A Esgalla  A partir das 11.30 h. 
Pasarúas coa batucada viguesa Lenha Verde As 20.30 h. – Praza do Seixo. 
Espectáculo con marionetas “Cocer e Cantar” con  Viravolta Títeres.   

 Dende ADETO explican que “o obxectivo destas actividades é realzar a asociación a través de actividades sociais e culturais que dinamicen o núcleo urbano e atraian a xente de fora de Tomiño, beneficiando así ós seus asociados”, ademais da repercusión que causan no comercio local.   

 Colaboran coa organización desta V Festa das Asociacións de Tomiño, o Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, así como distintas asociacións do Concello que estarán presentes con algún posto informativo ou gastronómico, ou organizando algunha das actividades que terán lugar na fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario