22 de set. de 2017

RANDUFE (TUI)

A ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA XUNTANZA ORGANIZA CURSOS E UNHA RUTA XACOBEA POLO CAMIÑO DO INVERNO



Estimados/as socios/as:  

 Enviámosvos información sobre as nosas actividades de formación, saúde e aprendizaxe así como o novo Camiño de Santiago que vamos facer xuntos. Propoñémosvos un novo reto para os/as amantes do Camiño e para todos/as aqueles que queirades vivir unha gratificante aventura.

CURSO 2017/2018

ACTIVIDADE
DÍA
HORARIO
PREZO *
Acordeón
Martes
19:30 – 20:30
20:30 – 21:30
21:30 – 22:30
25€/mes
Pintura e debuxo
Mércores ou Xoves
18:00 – 20:30
18€/mes
Gaita e percusión
Xoves
20:30 – 22:30
10€/mes Adultos 5€/mes Nenos
Gaita       e       Percusión iniciación
Sábado
12:00 – 13:00
10€/mes Adultos 5€/mes Nenos
Baile Rexional Adultos
Luns
21:30– 23:00
10€/mes
Baile Rexional Infantil
Sábado
11:00 – 12:30
5€/mes
Clases de fitness (aerobic, step, gap,
tono)
Luns e Mércores
21:30 – 22:30
21:30 – 22:30
12€/mes un día 20€/mes dous días
Pilates
Martes
Xoves
9:00 – 10:00
21:00 – 22:00
15€/mes un día
25€/mes dous días
Teatro infantil
Martes
18:00 – 19:00
5€/mes
Teatro adultos
Luns
21:30 – 23:00
10€/mes
Playbacks
Sábado
16:00 – 17:00
5€/mes
Kinkboxing
Mércores e Venres
21:30 – 23:30
2€/mes
Zumba
Martes e Xoves
21:00 – 22:00
17€/mes
Taller de memoria para
persoas maiores
Por confirmar
19:00 – 20:00
12€/mes
Costura      e      corte      e
confección
Martes
17:00 – 19:30
22€/mes
Canto e pandeireta
Por confirmar
Por confirmar
10€/mes



* Os/as non socios/as teñen que pagar 3 €/mes a maiores.

- Estes horarios poderán variar en función do acordado entre o/a profesor/a e os/as alumnos/as. 
- Impartiranse os cursos que acaden un mínimo de alumnos/as proposto polo/a profesor/a. 
- Os cursos comezarán en outubro. 
- As cotas dos cursos páganse a principio de cada mes. 

Recorda: faremos andainas tódolos meses co noso grupo de Xundaina. Faite amigo do noso Facebook onde informaremos de cada saída ou proporciónanos un correo electrónico onde tamén enviaremos as comunicacións.   

Para máis información e/ou para anotarvos, chamade ou mandade un WhatsApp ao 646 646 500 ou envía un correo ao email: acdxuntanza@gmail.com. 
     
CAMIÑO DE SANTIAGO

 Nesta ocasión faremos o Camiño de Santiago denominado Camiño do Inverno. Este camiño era utilizado polos peregrinos, en inverno, para evitar o mal tempo e as nevadas do Cebreiro. O Camiño do Inverno transcorre por comarcas e territorios de carácter singular como: O Bierzo (León), Valdeorras (Ourense), zona da Ribeira Sacra (Ribeiras do Sil e do Miño, Ourense e Lugo) e comarca do Deza (Pontevedra).  

 No percorrido facemos especial mención ó conxunto arqueolóxico das Médulas declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os Romanos deron conta do seu ouro pero nós poderemos gozar dun paraxe sen igual!  

 A idea é comezar 0 camiño en Ponferrada ata Santiago en varias etapas.  Comezaremos por catro días, dende o 12 ó 15 de outubro.  

 Se estás interesado/a acude á reunión o próximo luns 02 de outubro ás 21:30h na casa cultural de Randufe. Tamén podes informarte no telf. 646 646 500 ou no facebook de Xundaina.  

 Non o deixes para última hora e apúntate xa! 

E lembra, o día 8 de outubro é o último día para anotarse!

Ningún comentario:

Publicar un comentario