17 de out. de 2017

A GUARDA

COMEZA O CICLO «CINEMA DE OUTONO» 

Coa proxección do filme «La chica danesa» 

Este venres día 20 de outubro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural da Vila




Infogauda / A Guarda

 Co filme «La chica danesa»A Guarda estreará este venres día 20 de outubro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural, o ciclo «Cinema de outono»

«La chica danesa»
 Trátase dunha película dramática baseada na historia orixinal dunha parella de artistas daneses cuxa vida marital da un xiro cando o home adopta unha aparencia feminina. 


 A serie cinematográfica completárase o próximo 17 de novembro, coa proxección da película «Sully», ás 21:00 horas no Centro Cultural. 

«Sully»
 No filme, tamén baseado nunha historia real, achegarémonos á vivencia do piloto aéreo que no ano 2009 realizou unha aterraxe de emerxencia en pleno río Hudson por mor dunha avaría. O veterano piloto terá que afrontar un minucioso análise a fin de determinar se a decisión tomada foi unha heroicidade ou froito da imprudencia. 

 «Cinema de outono» é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer alternativas de ocio e cultura de calidade na nosa vila. As películas, de acceso libre e gratuíto, diríxense a un público mozo e adulto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario