10 de nov. de 2017

A GUARDA

A OMIX organiza unha nova xornada de micoloxía  

Que se celebrará o sábado 25 de novembro


Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Xuventude, a través da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), organiza unha nova xornada de micoloxía, que se celebrará o próximo sábado 25 de novembro.   

 A actividade comezará pola mañá, de 10 a 13 h, cunha sesión formativa na que as persoas participantes poderán achegarse á ecoloxía dos fungos e ao  proceso de identificación. Xa pola tarde, entre as 16 e as 18 h, realizarase unha saída ao monte co fin de realizar unha escolma e recolección de cogomelos  pola contorna da vila. 

 As xornadas centrarase, principalmente, no coñecemento e respecto a estes organismos, e a actuar de forma responsable no caso de estar interesados na súa recolección durante a temporada. Contaremos, para isto, coa colaboración da Asociación Forestal e de Educación Ambiental ‘A Jalleira’.   

 As prazas dispoñibles son limitadas, polo que a inscrición poderá realizarse de xeito presencial na OMIX situada na Casa do Concello, no correo electrónico informacion@aguarda.esou ben no teléfono 986 614 546.

Ningún comentario:

Publicar un comentario