21 de nov. de 2017

CULTURA

Presentación de Erótica…(dos), do poeta Francisco Álvarez "Koki", en Vigo 

Fernando Franco, xornalista vigués, e Francisco Álvarez Koki, na presentación do poemario Erótica...(dos), da autoría do poeta guardés 


Loli Estévez / Vigo

 O sábado  11 de novembro, fomos testigos da presentación do libro Erótica…(dos) - Antología de amor (1980-2017), do escritor guardés Francisco Alvarez "Koki". A presentación levouse acabo, na cafeteria Detrás do Marco (rúa Londres, s/nº - Vigo)onde durante todo ano ten unha actividade cultural importante tanto de exposicións como de presentacións de libros. 


 As oito da noite o recoñecido xornalista Fernando Franco, fixo unha viaxe pola vida e obra do autor.  

 Despois o poeta leu parte da antoloxía Erótica...(dos), facendo unha xira poética polos catro libros que compón a antoloxía. Tres que xa se publicaran individualmente - Poemas del verbo amar (1980). Para el amor pido la palabra (1987). Entre tu cuerpo y mi cuerpo (1996) -, e un cuarto libro inédito: Geografía de tu cuerpo (2017)


 Como podemos ollar nas fotos tanto o presentador, como o poeta, como o público asistente, pasou unha noite poética entretida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario