21 de nov. de 2017

OIA

OBRADOIRO GRATUÍTO DE XOGUETES CREATIVOS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Realizarase entre os días 26 e 29 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas, aproveitando as vacacións dos máis pequenos



Raquel Pérez Fernández / AEDL Concello de Oia

 O Concello de Oia ten previsto realizar no mes de decembro,  o obradoiro gratuíto XOGUETES CREATIVOS CON MATERIAL DE REFUGALLO. 

 Este Obradoiro enmárcase dentro do programa Tecendo lazos, da Deputación Provincial. Trátase dun obradoiro interxeracional dirixido a tódalas idades.   

 Realizarase entre os días 26 e 29 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas, aproveitando as vacacións dos máis pequenos.

 No obradoiro, entre outras cousas, aprenderase a crear xoguetes con material reciclado.      

Ningún comentario:

Publicar un comentario