24 de abr. de 2018

A GUARDA

A  obra O nome de todos os nomes chega este venres ao Centro Cultural   

A obra comezará ás 20:30 horase o acceso será de balde, sen necesidade de retirada previa de entrada


Sara Alonso / A Guarda

 O Centro Cultural da Guarda acollerá o venres 27 de abril a obra teatral O nome de todos os nomes, do grupo Amador de Teatro Português Eu.Experimento. A obra comezará ás 20:30 horase o acceso será de balde, sen necesidade de retirada previa de entrada.   

 A representación baséase na novela Todos os nomes (1997) do escritor José Saramago, na que se relata a vida dun funcionario de mediana idade que se namora dunha descoñecida. A busca desta muller misteriosa converterase nunha obsesión para o protagonista.   

 Esta é unha actividade organizada polo Concello da Guarda en colaboración co departamento de Portugués do IES A Sangriña e o  Instituto de Cooperãçao e da Lingua Camões. 

 A obra conmemora a Revolución dos Caraveis (25 de abril de 1974) que permitiu a restauración da democracia no país veciño, tras preto de medio século de ditadura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario