16 de maio de 2018

DEPORTES

VEDRA ACOLLEU A FINAL GALEGA DO PROGRAMA DE DÚATLON ESCOLAR

Elsa Pena Vicente, de A Guarda, acadou a segunda posición do campionato, e a primeira posición por equipos 

Elsa Pena Vicente, de A Guarda, acadou a a segunda posición do campionato, e a primeira posición por equipos

Informa (fotografías e redacción): Alberto Pena Lomba  

 O sábado día 12 de maio celebrouse Carballeira do Souto (Vedra), a final galega do programa de Dúatlon Escolar do presente ano, para a que se clasificaron un total de 110 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. 

 As probas comezaron ás 16:30 horas coa saída benxamín feminina, mentres que a última saída tería lugar ás 19:20 horas (cadete masculino). 

 As distancias foron  diferentes segundo as categorías: 

 Na proba benxamín os participantes correron 500 metros, farían 2 quilómetros en bicicleta e remataron  con 250 metros de carreira a pe. 

Elsa Pena Vicente na carreira a pe e na imaxe inferior, na carreira en bicicleta

 En alevín as distancias foron  de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil os duatletas realizarían 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e os cadete os participantes farían  2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 quilómetro de carreira. 

Elsa Pena Vicente - sentada no podio - celebrando a primeira posición por equipos

 Na categoría de cadetes participaría Elsa Pena Vicente, de A Guarda, que acadaría a segunda posición do campionato, e a primeira posición por equipos. 

 O programa de Dúatlon Escolar consta de varias probas locais ou zonais (Santiago, Lugo, Carballo e Maceda), nas que se clasificaron os 25 mellores por categoría e sexo para as provinciais –que se celebraron a mediados de abril- e aquí lograron o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. 

 “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Ningún comentario:

Publicar un comentario