O CLUB CIDADE DE LUGO FLUVIAL, CAMPIÓN GALEGO DE TRÍATLON POR EQUIPOS CONTRARRELOXO MASCULINO E FEMININO
A guardesa Elsa Pena Vicente forma parte dese equipo
Informa (fotografías e redacción): Alberto Pena Lomba
Nesta modalidade de contrarreloxo, os equipos van saíndo de xeito escalonado cada minuto, e están compostos por entre 4 e 6 compoñentes, que disputan a proba agrupados. Ao final conta en meta o tempo do cuarto integrante do club, despois de completar un percorrido de 300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2 quilómetros de carreira a pe.
Na categoría escolar femenino o triunfo foi para o Cidade de Lugo Fluvial, proclamándose campioas galegas de triatlon por equipos contrareloxo. Súas compoñentes son: Myrian López, Carla Guisande, Carla Fernandez e Elsa Pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario